Archivo | X Aniversario Feed RSS para esta sección

Con licencia para soñar

Paco Domínguez [Xefe de Deportes da Voz de Galicia – Vigo]

Coas primeiras probas da liga o Real Club Celta gañou o dereito a soñar. Tan curto espacio de tempo bastou para establecer rexistros históricos. O decano do fútbol galego completou o seu mellor arranque ligueiro. Sete vitorias, tres empates e unha soa derrota. O día que este artigo vexa a luz, quizais se estea falando xa do Euro Celta, o que significará que o ansiado soño terá adquirido forma e o balance de éxitos terá incrementado bastante. Leer Más

O derbi

Xaime Escudeiro [Radio Galega]

«Derby» é unha palabra inglesa derivada do antropónimo Lord Derby, que se emprega para designar a carreira hípica instituída por este home e celebrada anualmente en Epson (Inglaterra) sobre unha distancia de 2.400 metros. Como substantivo común é hoxe palabra moi utilizada na linguase deportiva, e especialmente o encontro de fútbol de máxima rivalidade entre equipos dun mesmo lugar, comarca, provincia ou comunidade. Quizais por esa orixe etimolóxica, algúns seguen facéndoo bo e cando se disputa un encontro de fútbol entre dous dos nosos equipos, os movementos, as accións e en suma todo o que concerne a un espectáculo deportivo, o converten nunha carreira de obstáculos, a palabra derbi non evolucionou no seu significado.

Leer Más

Felicidades ó Comando Celta

Pepe Cadavedo [Radio Vigo]

Coinciden no tempo, esta crónica e un RC Celta que rompe marcas da súa propia historia. Un RC Celta que nos está facendo soñar ós celtistas, á cidade de Vigo e a unha inmensa maioría de Galicia, cun equipo no deportivo, e tamén no humano, que está alcanzando cotas, que ós coma min, non temos unhas vivencias relativamente curtas, lévanos a lembrar a aquel RC Celta que no ano 1970, da man de Juanito Arza, debutou na copa da UEFA, ante a temible escuadra escocesa do Aberdeen, que na primeira eliminatoria nos deixou no camiño, pero que significou un fito na xa dilatada vida do noso Celta. Leer Más

Sempre andas dicindo…

Cholo Durán [RadioVoz Vigo – 1997]

O título é como xa moitos, ou case todos saberán, a estrofa dunha canción dedicada ó Celta que auixeron converter incluso en himno do equipo vigués, pero que non foi capaz de desbancar ó oficial. Estrofa que acaba dicindo: «… e chega outro ano e pasa tamén». E isto é o que me serve de referencia para falar un pouco dos afeccionados celtistas.

Leer Más

Dez anos ó pé do canón

Por Benigno de la Torre [1997]

Ser afeccionado ó fútbol é tan complicado como sobrevivir, como das sen pedir nada a cambio, como levantarse cada mañá pensando só en facer a boa obra do día. Ser afeccionado do Celta tata esta temporada 97-98 foi algo así como imitar ó bo samaritano. Descensos, crises dos avais, asasinato, pérdas irreparables para o fútbol como a de Alvelo, golpes de man no Concello, conversión en Sociedade Anónima Deportiva e o romanticismo que daba sentido á defensa dunhas cores.

Leer Más

Desde cando son celtista

Escrito por Ramiro Fonte [1997]

Na vila, o meu pai era un dos raros seguidores do Celta, encravada como está Pontedeume nas Mariñas a súa cidade de referencia non é Ferrol, que fica moi preto, e si esa Coruña doce, amable. Ós meus paisanos sempre lles gustou reflexarse nas galerías da Dársena ou nos escaparates das tendas da rúa Real ou por onde o Obelisco. Ó meu pai nunca lle descubrín grandes afeccións pola arte do balompé, pero debía ser por iso, pola súa rara condición de celtista, polo que no caixón das fotos, que eu repasaba nas tardes enfastiadas de inverno ou cando estaba enfermo, topaba, entre familiares descoñecidos que vivían en California, fotos de cumpreanos, casorios ou primieras comunións, vellas alineacións do Celta de finais dos corenta con xogadores vestidos coa camisola abotoada, máis descoñecios aínda cós familiaresen cores que tiñan nomes americanos que xamais aprendín. Quizais aquelas fotos sexan as culpables de que a min me guste falar de fútbol a través da nostalxia, e que unha das mellores conversas é a que se pode ter cun vello futbolista, deses que nunca saberemos se chegou a triunfar ou non.

Leer Más

O celtismo, para o bo e para o malo

José Luis Barreiro, 1997

O celtismo anda de festa. E un pregúntase, ¿que sería do Celta sen o celtismo? É unha relación simbiótica onde os que saen máis beneficiados son, sen ningunha dúbida, os futbolistas e o club. O impagable larbor da afección valórase só o suficiente. O seu apoio nos

75 anos de historia do Celta viviu un longo camiño de fidelidade silenciosa, pero tamén sonora e colorista. Leer Más

O opio do pobo

Escrito por Eduardo Rolland, 1997

O Celta é o opio do pobo. Os seus aditos sómense en Balaídos nun pesado sopor, salpicado ás veces con episodios de euforia. Para colmo, o produto xera adición. E moita. A peña Comando Celta cumpre 20 anos intentando salvar á afección do desánimo e a decepción. Leer Más