Archivo | XXV Aniversario Feed RSS para esta sección

Galería de imaxes do Torneo XXV Aniversario

00 portada [640x480]O pasado 29 de decembro celebramos nas instalacións deportivas do Real Club Celta de Vigo en A Madroa unha nova edición do Trofeo Comando Celta, nesta ocasión en forma de torneo de fútbol sete e ampliado polo noso XXV aniversario dende a fundación aló por 1987. As peñas Sobran os Motivos, Arribada Celeste, Siareiros.net+Canteira Celeste, Centolos Celestes, Irmandiños 1923 e nos mesmos vivimos unha maña de celtismo que rematamos compartindo un bo cocido. Premendo el ler máis podedes ver todas as fotos. Leer Más

Centolos Celestes, campión do torneo XXV aniversario

50Nunha gran xornada de convivencia celtista, a peña Centolos Celestes logrou levarse para a súa vitrina o trofeo doado por Deportes Balbi como campión do torneo XXV Aniversario de Comando Celta. Nunha apertada final fronte o equipo da nosa peña, chegouse ós penaltis onde a “nasa amarela” estivo máis atinada na pena máxima. Leer Más

O próximo día 29 organizamos un torneo de fútbol 7 polo noso XXV Aniversario

carteltrofeo25Era un dos nosos desexos para festexar os nosos vinte cinco anos cumpridos este 2012. O próximo 29 de decembro organizamos nas Instalacións Deportivas de A Madroa, onde adestra diariamente o Real Club Celta, o Torneo XXV Aniversario de fútbol sete. Seis equipos forman parte do cartel e loitaran por levarse as súas vitrinas o Trofeo Comando Celta. Ademais do noso equipo, estarán compartindo unha maña de puro celtismo as peñas Centolos Celestes, Irmandiños 1923, Arribada Celeste, Siareiros.net e Sobran os Motivos. Leer Más

A Noite Celta en imaxes (e II)

Tras a primeira parte das fotos, chegan o resto das imaxes con todos os agraciados con agasallos no tradicional sorteo, o homenaxe ó noso vicepresidente Suso Besada, a queimada e a troula final con Tony Lomba e os gaiteiros do Furancho. Miles de anecdoctas nesta última tirada. Queremos dar as grazas a todalas empresas colaboradoras que aportaron os máis de noventa agasallos e a disposición que sempre nos ofrece o Furancho da Balsa para poder levar a cabo a Noite Celta. Leer Más

A Noite Celta en imaxes (I)

O pasado 24 de novembro vimos de celebrar a quinta edición da Noite Celta. Como ocorreu dende o primeiro ano, o Furancho da Balsa volveu a acoller a nosa festa máis tradicional. Nesta ocasión viu marcada pola coincidencia cos festexos neste 2012 do XXV Aniversario de Comando Celta, por elo decidimos botar a casa pola fiestra. O «crooner» vigués Tony Lomba animou a primeira parte da festa, continuando ata o fin o tradicional grupo de gaiteiros do furancho. Un cheo completo, coas entradas vendidas na súa totalidad dende unha semana antes, marcou un evento que reuniu a máis de 100 celtistas de distintas peñas xa que nos acompañaron membros de Centolos Celestes, Carcamans, Siareiros ou Blau Cel. A continuación a primeira parte de todalas fotos tomadas pola Axencia CC. Leer Más

Presentada a V Noite Celta

A Noite Celta de Comando Celta resulta de obrigada visita e disfrute para todos aqueles que se atopen en disposición de pasalo ben. O último sábado do penúltimo mes do ano é data obrigada en toda axenda celtista. A Noite Celta, polo seu contido lúdico, gastronómico e musical, é das que deixan pegada, das que un obrígase a repetir ano a ano, dado o ambiente e animación que sempre ofrece. Leer Más

Un autobús descapotable de Comando creou ambiente o día do ascenso

Como ocorre sempre que o Celta pode conquerir algunha meta importante na súa historia, a nosa peña intenta participar creando o mellor ambiente posible. É unha tradición facelo coa contratación pola nosa parte dun autocar descapotable de dúas plantas. Por iso o pasado domingo, o día da volta a Primeira, puidestes ver polas rúas de Vigo e especialmente nos arredores de Balaídos. Agora vos ensinamos as imaxes de cómo se fixo, do paseo na maña do domingo e da festa tralo encontro. Leer Más

Recepción e visita á sede do Celta en Praza de España

O Real Club Celta invitounos o pasado sábado 21 a unha recepción e visita a súa sede social, o famoso chale de Praza de España. Guiados polo director comercial do club e o director da Fundación Celta, os nosos socios coñeceron o funcionamento do corazón do Celta, as súas dependencias e os lugares menos coñecidos. Leer Más

A Reconquista Celeste foi un inmellorable comezo do XXV Aniversario

Dende as dez da noite comezou a encherse a discoteca Ferré, na zona do Areal, con centos e centos de celtistas que se uniron a nos no inicio dos actos do noso vinte cinco aniversario. Ademais da maioría dos nosos socios, contamos coa compaña de moitas peñas amigas, xogadores do primeiro equipo, directivos do Celta e moitos seareiros celestes anónimos que quixeron vivir connosco esta festa. Leer Más

A Reconquista Celeste adiantase ás dez da noite.

Por razóns alleas a nos, a festa Reconquista Celeste cambia o seu horario de comezo das 23:00 ás 22:00. Recorda, se queres vivir unha festa do celtismo, estar cos xogadores, os directivos, os técnicos ou veteranos do noso Celta, a partir das dez da noite na discoteca Ferré, en Areal 14, tes a túa oportunidade. As entradas seguen a venda nos puntos indicados.