Archivo | Imaxes Feed RSS para esta sección

A VI Noite Celta en imaxes

1 [800x600]O pasado 22 de novembro vimos de celebrar a sexta edición da Noite Celta. Como ocorreu dende o primeiro ano, o Furancho da Balsa volveu a acoller a nosa festa máis tradicional. O «crooner» vigués Tony Lomba animou a festa en dous pases, na comida e tras as sobremesas, que queceron o ambiente do local. Mais dun cento de celtistas tomaron as mellores viandas do noso pais, as bebidas mais espirituosas e esgotaron toda a troula ata altas horas da madrugada. O fin de festa viu marcado polo xa tradicional sorteo de agasallos doados polos nosos colaboradores e a queimada para espantar os malos meigallos. Leer Más

De Bilbao a Campeche

10351334_316198885232497_8764422230721815100_nO pasado sábado 18 de outubro a nosa peña estivo presente en dous puntos distantes entre si en 8.400 kilometros. Por un lado, o noso vicepresidente estivo no campus do Celta na cidade mexicana de Campeche. E por outro, varias decenas dos nosos comandos acompañaron ó primeiro equipo na súa visita a San Mamés. Leer Más

Vídeo: Comeza o espectáculo

Sin títuloXa estamos quentando motores, porque o próximo 24 de agosto comeza unha nova temporada recibido ao Getafe no estadio de Balaídos. Un novo ano deportivo que volvemos a comezar coas ilusións renovadas e as expectativas do que será capaz de facer o novo cadro de xogadores do Toto Berizzo. Coas nosas ferramentas habituais: gorxas, mans, bandeiras e bombos. Leer Más

Galería de imaxes: II Festa Ibicelta

10525708_826084137411241_4927551240850612730_nO pasado doce de xullo vimos de celebrar a segunda edición da Festa Ibicelta, de novo no recinto Villa Carmen preto de O Porriño. Organizado pola nosa peña e coa colaboración das firmas Grupo Varma a través da súa marca Ron Barceló, Galicor, Pocholadas Porriño, Catering Don Gusto e Estrella Galicia. Todas elas puxeron o seu grao de area para facer da tarde-noite unha forma distinta de vivir o verán galego en estes meses de seca futbolística. Leer Más

Galería de imaxes: Fin de temporada

1 [800x600]Xa ven sendo tradición que en cada derradeiro encontro da temporada montemos unha boa lea para celebrar o fin do ano deportivo. Sen embargo, nesta ocasión foi sen nada en xogo. Algo ó que nos estabamos tan acostumados. Pero non foi problema para que dende primeira hora da maña ata altas horas da noite fixeramos unha boa festa coa que despedir ó noso Celta ata o próximo mes de agosto.

Leer Más

Galería de imaxes: Viaxe a Vallecas

1 [800x600]Unha temporada máis organizamos unha viaxe para todos os nosos socios e todo aquel celtista que quixera acompañarvos. Este ano o elixido foi o encontro que xogou o Celta o pasado sábado 5 de abril no campo de Vallecas. O Raio Vallecano superou ós nosos en todo no campo, pero nas gradas fixémonos escoitar. Foron 24 horas de celtismo, con máis de dezasete metidos nun autobús. E aquí tedes a selección de todas as fotografías que fixeron na Axencia CC. Leer Más

O Concerto Comando en fotos

1A nosa peña ven de celebrar no auditorio da asociación de veciños Val do Fragoso, a primeira edición do Concerto Comando. Un novo evento onde reunirnos para pasar unha noite de troula entre celtistas. A música veu da man do grupo vigués de música tradicional Pelepau e co fin de festa a cargo de Weif DJ. Unha noite a do pasado sábado 7 de decembro onde máis de cen amigos xuntáronse xunto a nós. Recordade o Concerto cas fotos da Axencia CC e Alejandro Carballido a continuación. Leer Más

Galería de imaxes: Torneo de peñas

aIMG_2087O pasado 6 de Nadal disputouse unha nova edición do Torneo das peñas do Celta, no que o noso equipo quedou encadrado no grupo F. Xunto as peñas A Ría, Celtilikos e Milladoiro disputamos os nosos encontros no campo de Cotogrande, onde habitualmente xoga o equipo Santa Mariña da parroquia viguesa de Cabral. Velaquí vos deixamos unha selección das mellores fotos do día que rematou co pase de Comando Celta á segunda fase. Leer Más

Coñecendo o interior de Balaídos

0 [800x600]De novo os nosos socios tiveron a oportunidade de coñecer como é por dentro o noso templo: o estadio municipal de Balaídos. Todos aqueles que non puideron asistir na anterior visita de xaneiro, puideron facer o mesmo percorrido que xa fixemos meses atrás. Aínda que o día e a hora non foi a mellor, durante uns intres estes comandos puideron sentirse uns privilexiados ó coñecer o vestiario do primeiro equipo, o palco de autoridades ou o antigo despacho do presidente do club. A continuación tedes unha selección das mellores fotos feitas pola Axencia CC. Leer Más

Gran día, so faltou a vitoria

IMG_6929 [800x600]O pasado domingo 29 de setembro voltamos a realizar unha nova xornada de celtismo entre os nosos socios e simpatizantes dende ben prontiño. Xantamos todos xuntos no Centro Cultural Val do Fragoso, coa colaboración da asociación de veciños e da firma Don Gusto Cocineros, cunha sobremesa que se estendeu ata as cinco.

Leer Más