Archivo | Imaxes Feed RSS para esta sección
Galería de imaxes: VII Noite Celta
Unha noite máis as nosas costas. E unha vez máis outro éxito. Decenas de comandos e simpatizantes da nosa agrupación reunironse o pasado 26 de novembro no restaurante vigués El Gran Danubio Azul para gozar dun cocido galego e de filloas recheas. Excepcional ambente onde tamén contamos coa presenza de varios dos nosos colaboradores, os cales non podemos máis que estar agradecidos polo centenar de agasallos que aportaron. Leer Más
Galería de imaxes: Viaxe a A Coruña
Un ano mais estivemos xunto ó Celta no derbi en Riazor. Esta temporada quixemos darlle unha volta de tuerca, facendo a previa en Compostela visitando a cidade compostelá, á peña Merlegos Celestes e comendo na capital galega. Non puido rematarse gañando en A Coruña pero fixose todo o posible. E como sempre o de sempre…»que nos quiten lo bailao!!!» e FORZA CELTA!! Leer Más
Galería de imaxes: Torneo de peñas 15/16
O pasado 12 de outubro disputouse unha nova edición do Torneo das peñas do Celta, no que o noso equipo quedou encadrado no grupo E. Xunto as peñas Lío en Río e Arribada Celeste disputamos os nosos encontros no campo do Penedo da Moo, onde habitualmente xoga o equipo Atlántida de Matamá. Velaquí vos deixamos unha selección das mellores fotos do día que rematou co pase de Comando Celta á fase final. Leer Más
Galería de imaxes: III IbiCelta
Un ano mais, e xa van tres edicións, volvemos a reunirnos en “Villa Carmen” para celebrar o verán ó estilo Comando. Unha mestura de festa “ibicenca” e xuntanza celtista que volveu a contar co voso apoio. As instalacións que poñen a nosa disposición xunto a colaboración das distintas firmas que nos apoian ó longo do ano fixeron que volvera a ser un éxito. Piscina, karaoke ou o DJ, entre outros, fixeron as delicias dos asistentes. Velaquí vai unha selección das mellores fotografías que fixo a Axencia CC sobre o evento. Leer Más
Galería de imaxes: Noite máxica
E chegou a noite máis curta do ano, un ano máis. Aproveitando que Balaídos vestiase de “Noite Máxica” pois nada mellor que compartila cos amigos. Dende aquí queremos felicitar tanto á comisión de Festas da Xuventude, como á Pulpería Campaño pola boa organización, e a todos vos que pasedes un feliz verán. Leer Más
Presentación da III Festa IbiCelta
O pasado sábado 21 de marzo celebrouse en Villa Carmen a presentación da III Fiesta Ibicelta, ante todos os nosos colaboradores, patrocinadores e voluntarios na organización da festa estival de Comando Celta. Os anfitrions Suso (Riebog) y Rosa (Pocholadas) agasallaron cun tradicional cocido galego para desfrute dos asistentes tras a presentación oficial de dito evento, que xa vos podemos anunciar que será o próximo 18 de julio. O día rematou coa vitoria do Celta sobre o Levante que todos os asistentes presenciaron en Villa Carmen. Leer Más
Galería de imaxes: Torneo de peñas
O pasado 20 de marzo disputouse unha nova edición do Torneo das peñas do Celta, no que o noso equipo quedou encadrado no grupo F. Xunto as peñas Preferencia Celeste e siareiros.net+Canteira Celeste disputamos os nosos encontros no campo de Cotogrande, onde habitualmente xoga o equipo Santa Mariña da parroquia viguesa de Cabral. Velaquí vos deixamos unha selección das mellores fotos do día que rematou co pase de Comando Celta á fase final. Leer Más
Galería de imaxes: Viaxe á Coruña
Despois de varios anos sen poder acudir, Comando Celta volveu a apoiar ó noso equipo en territorio inimigo. O estadio de Riazor viu pasar un lostrego celeste que gañou 0-2 ó Coruña, con goles de Charles e Larrivey. Aquí van as imaxes da previa que fixemos no Restaurante Tasca Nova, a saída do noso autobús dende o estadio de Balaídos e como vivimos a vitoria nas gradas de Riazor. Leer Más
Galería de imaxes: Viaxe a Donostia
Outro ano máis organizamos unha viaxe para todos os nosos socios e todo aquel celtista que quixera acompañarvos. Este ano o elixido foi o encontro que xogou o Celta o pasado sábado 7 de febreiro no estadio de Anoeta. A pesares do mal tempo no viaxe de ida, con moito frío e neve, pasamos unha gran fin de semana en San Sebastián e cun puntiño máis na buchaca. Foron 48 horas de celtismo, con moitas horas metidos nun autobús. E aquí tedes a selección de todas as fotografías que fixeron na Axencia CC. Leer Más
Derradeiros Comentarios