Archivo | Os Comandos Feed RSS para esta sección
Falece o noso socio de honra, Basilio Ferreiro
Hoxe é un día triste para o celtismo e para os comandos. O noso socio de honra e abonado número 1 do Celta faleceu esta maña. Viu nacer ó Celta, o primeiro partido en Balaídos, a primera final copeira do 48 ou o primeiro Celta europeo. 75 anos de abonado as súas costas dun home bo, afable e dunha memoria privilexiada. O luns Basilio fará o seu derradeiro cambio de grada e veranos dende ala arriba co seu sorriso e unha camiseta do Celta. Descanse en paz.
Entrega das insignias de ouro do clube
A peña estivo presente na entrega das insignias de ouro do Real Club Celta ós socios-aboados que cumplían cincuenta anos no clube. Entre os que recibiron tan merecido homenaxe encontrase o pai do noso vocal José Acosta «Cuco», don José Eugenio Acosta Garrido, colaborador habitual da nosa agrupación. Foron once persoas as que levan tantos anos de paixón polas nosas cores, que xa viviron duas finais de Copa do Rei, todas as participación europeas e viron ao noso Celta en ata tres categorías distintas. Leer Más
Todas as fotos da IV Noite Celta
Aquí tedes o reportaxe fotográfico feito con todo o ocorrido durante a IV Noite Celta. A chegada dos asistentes, a cea, o sorteo de agasallos, a queimada e a troula final. Disfrutade das fotos feitas por Andrea, Franchu, Michi e Champy durante as máis de sete horas que durou a nosa festa. Esperamos dentro dun ano poder disfrutar de novo desta celebración con máis e máis sorpresas.
Noel: The Irish Comand
Agora mesmo somos 5 celtistas en Cork: Noel, Sean, John, Terry e Patrick. O meu interese no Celta comeza cando o meu fillo Sean e eu vímolo xogar contra o Celtic en UEFA, o Celtic é o equipo ao que seguimos porque a liga irlandesa é semiprofesional. O noso equipo local é o Cork City, pero seguimos con máis interese ao noso equipo de hurling (*), o “Hurling Cork” (The Rebels). Por iso cando vimos ao Celta démonos conta de que había outro equipo céltico ao que podiamos apoiar. Desde entón estivemos siguindo a diario as noticias sobre o Celta desde a distancia. O meu irmán John tamén viu o partido na ILTV e decidiu apoiar ao Celta.
Luis Cerviño, empufado por el Celta
A José Luis Cerviño (Vigo, 1955) transpirar celtismo por cada poro de su piel le ha costado caro. Dice que no tiene estudios porque de niño prefería hacer de utilero voluntario en el viejo campo de entrenamiento de A Madroa que estudiar. Ahora, rebasada la cuarentena y con una familia a las espaldas, se ha empufado hasta las cejas y hasta ha hipotecado sus vacaciones para seguir al Celta en su aventura europea. “Soy el único peón de Citroen que he ido a todos los partidos de la UEFA, los demás eran todos directivos”, presume.
Abdelhakin, o comando alxeriano
Os vínculos do noso Celta traspasan as fronteiras e o celtismo brota nos recunchos máis recónditos e inesperados. Tal é o caso de Abdelhakim.
Hakim é un xove alxeriano nado no 1979 e que reside en Orán. Comezou a seguir a andaina celeste cando toda Europa quedaba marabillada polo xogo despregado polos pupilos de Víctor Fernández, daquela o noso adestrador.
Derradeiros Comentarios