Entradas a 10€ para o Celta-Almería
Co Celta inmerso nun tramo de grande importancia da tempada contra un equipo de gran esixencia, o club lanzou unha iniciativa co dobre obxectivo de multiplicar o necesario apoio das bancadas e premiar a fidelidade e o apoio dos seus abonados. Para o xogo do domingo contra o Almería (Balaídos, 12,00) cada abonado pode mercar ata tres entradas para a mesma grada por só 10 euros cada un, excepto no Fondo, que estará dispoñible por 5 euros. Ler Máis
Entrada de balde para apoiar ó R.C. Celta feminino de baloncesto
Dende a directiva do Celta Baloncesto invitanos a todolos socios da peña a presenciar o encontro do próximo sábado 18 entre o conxunto celeste e o Obenasa navarro no pavillón de Navia. A cita é moi importante para o equipo de Carlos Colinas no seu obxetivo de lograla permanencia na máxima categoria do baloncesto feminino, nun ano moi difícil para o equipo. Ler Máis
Viaxe a Valladolid coa peña
De cara ó encontro Valladolid – Celta que se disputa o sábado 3 de marzo as 18:00 horas no estadio José Zorrilla, organizamos desprazamento en autobús ata a cidade pucelana no mesmo día para presenciar o encontro. A importancia do encontro, onde se enfrontaran dous dos máis importantes equipos na loita polo ascenso, fai que o noso apoio sexa esencial. Ler Máis
Encontro coa Penya Inmortal Girona
Outro ano máis que o Celta volveu xogar a Girona, e outra ocasión máis onde os compañeiros da Penya Inmortal Girona volveron a tratarnos de dez. Grazas a boa amizade que teñen cos amigos da Peña celtista Blau Cel de Barcelona, os da Inmortal abríronnos a súa casa para compartir as horas previas ao encontro xogado onte en Montilivi. So temos verbas de agradecemento ao bo trato que sempre teñen con nos, polo que agasallámoslles cunha bufanda da nosa peña para o seu local. Ler Máis
Entrega das insignias de ouro do clube
A peña estivo presente na entrega das insignias de ouro do Real Club Celta ós socios-aboados que cumplían cincuenta anos no clube. Entre os que recibiron tan merecido homenaxe encontrase o pai do noso vocal José Acosta “Cuco”, don José Eugenio Acosta Garrido, colaborador habitual da nosa agrupación. Foron once persoas as que levan tantos anos de paixón polas nosas cores, que xa viviron duas finais de Copa do Rei, todas as participación europeas e viron ao noso Celta en ata tres categorías distintas. Ler Máis
Volve o fútbol, voltamos a dar caña
Este venres volven os partidos da Liga Adelante, polo que vos recordamos que a partires das 21:00 estamos convocados para ver o Alcoiano-Celta no noso lugar de costume, a cafetería Mundial 82. Non vos olvidedes de traervos todas as vosas camisolas celestes, bufandas de Comando e demáis vestimentas para dar cor ó bar neste primeiro partido do 2012. E así poder celebrala victoria xuntos no día de Reis.
Todas as fotos da IV Noite Celta
Aquí tedes o reportaxe fotográfico feito con todo o ocorrido durante a IV Noite Celta. A chegada dos asistentes, a cea, o sorteo de agasallos, a queimada e a troula final. Disfrutade das fotos feitas por Andrea, Franchu, Michi e Champy durante as máis de sete horas que durou a nosa festa. Esperamos dentro dun ano poder disfrutar de novo desta celebración con máis e máis sorpresas.
Viaja a Alcorcón con Comando
Las peñas Centolos Celestes, Irmandiños 1923 y Comando Celta organizamos viaje en autobús para presenciar en directo el partido Alcorcón – Celta del próximo sábado 10 de diciembre en el Campo de Santo Domingo de la ciudad madrileña. Solo se podrán anotar en el viaje aquellos que sean socios de alguna de las tres peñas organizadoras y estén al corriente de pago de la cuota. Ler Máis
Gracias!
Unha vez máis a Noite Celta, na súa cuarta edición, foi un completo éxito de organización, asistencia e troula. Queremos darvos as gracias a todos os que coa vosa axuda fixestes de esta festa da nosa peña un gran recordo. Primeiro ao Furancho da Balsa, quen sen a sua colaboración e disposición a Noite Celta sería imposible, aos asistentes, quenes coas suas gañas de carallada fixeron da festa un gran evento, e terceiro e máis importante, as empresas colaboradoras, as cales cos agasallos que doaron permitiron unha vez máis a ledicia dos festeiros. Ler Máis
















Derradeiros Comentarios