|
|
Viaxe
a Vallecas

III Trofeo Comando Celta
A terceira edición do Trofeo Comando Celta foi para
as vitrinas da Agrupación de Antigos Xogadores do RC Celta
que venceu por 5-0 á Selección Celeste. Estes foron
os participantes:
A.A.X. Celta: Emilio, Suso Santomé, Rodolfo, Jorge
Santomé, Sindo, Quique, Mauro, Cantarero, Núñez,
Lago, Bajcetic, Alves, Ratkovic e Alfonso.
Selección Celeste: Canteirán, Adolfo, Mido,
Rivas, Seke, Pokipfi, Davizinho, Uxío, Epi, Angel, JME,
Celtadpd, Gzelta, Luis e JES.
Árbitro: Adrián Souto, do colexio de Vigo.
Goles: 1-0, p.p.; 2-0, Bajcetic; 3-0, Alfonso; 4-0, Sindo; 5-0,
Alfonso.
Crónica (by JES)
Unha primeira parte bastante igualada a pesar de terminar xa cun
2-0. O primeiro gol da Agrupación chegou grazas a un rexeite
e o segundo dun bo cabezazo de Bajcetic. A selección celeste
tivo as súas 3-4 ocasións na primeira parte pero
nin Angel, JME ou Pokipfi lográrono a pesar de telo bastante
cerca.
Se
xa era difícil lograr romper a defensa da Agrupación
e mover un pouco o xogo polo centro do campo (gran traballo de
Mido e Uxío) logo estaba baixo paus todo un porteiro chamado
Emilio que fixo un gran papel pero sen desmerecer o máis
mínimo ao noso, Canteirán, que tivo 2-3 intervencións
de mérito na primeira parte, destacando un man a man con
Ratkovic que non puido marcar a pesar de verllas o cara a cara
con el.
A segunda parte entre os cambios e o desgaste físico foi
aínda máis complicado pola nosa banda polo que chegaron
outros 3 goles. Aínda que se botou de menos a algún
veterán máis, pola ilusión de poder velos
xogar tan de cerca, dicir que foi toda unha honra poder compartir
un partido de fútbol de xeito conxunto con xogadores do
noso equipo que algunha vez viches xogar en Balaídos e
gozar co seu xogo desde a bancada. Grazas a todos os que contribuístes
a facelo posible.
Incidencias : non houbo amoestacións. Tras un choque de
cabeza entre Luís e Bajcetic, este último abandonou
provisionalmente o terreo de xogo cun forte golpe no ollo, esperamos
que non sexa nada.
Fotos do partido
III Noite Celta
Os
bos costumes xamais deben perderse. Un ano máis, e xa van
tres, o Furancho dá Balsa acolleu a un bo grupo
de compañeiros celtistas, para celebrar a esperada Noite
Celta.
Esta reunión de carácter festivo serviu para estreitar
máis os lazos entre celtistas, e pórlle boa cara
á delicada situación do Celta. Tortilla, Empanada,
orella , callos e sobre todo o brebaje máxico que nunca
nos dá as costas, o licor café, serviron para que
a noite se conviertira nun verdadeiro éxito.
Tampouco podía faltar a tradicional queimada así
como o seu conxuro. Grupos de gaiteiros amenizaron a celebración
en todo momento, e varios agasallos foron sorteados entre os presentes.
O éxito estaba garantido e a festa non defraudou. Xa van
tres anos e outras tantas, cando menos, nos esperan.
Comando Celta quere agradecer a colaboración de Riebog,
Pocholadas, Editorial Galaxia, Umbro, Metrokids, Distribuciones
Rouco, Erta 2000, Maletas Pherkax, Upi Vigo, Fundacion Celta de
Vigo, Recalvi, Joyeria Arezzo, Coren Grill e Frutas Nieves
polos obsequios donados e facelos partícipes do éxito
obtido nesta III edición da Noite Celta onde ensalzaron
a gastronomía, a música tradicional e o celtismo.
Video e Fotos da III Noite
Celta
Benvidos ó concerto
Comando
Celta comeza unha nova singladura neste longo camiño celeste.
Despois dun tempo aletargados vendo como nas bancadas pouco a
pouco se ían apagando a chama da ilusión, o fervor
e a devoción, Comando Celta decidiu voltar con espíritu
e sangue celeste renovada para que percorra cada centímetro
dese frío cemento e o encha dunha explosión de celtismo.
Dende sempre o noso Celta necesitou, necesita e necesitará
de comandos co corazón celeste e agora, máis que
nunca, é o momento de reavivar ese espíritu celtista
e reanudar o camiño. Por eso queremos que ti, sí,
ti, sexas nestes momentos partícipe do rexurdir do celtismo
á máxima expresión. O son dos bombos, o ondear
das bandeiras, o ardor no grito ¡CELTA! e o sudor da nosa
camiseta nas bancadas... eso será o noso tributo a unha
causa: CELTISMO PURO.
Nesta nova andaina de Comando Celta un dos seus obxectivos era
o lanzamento dunha páxina web que fose o escaparate onde
amosar a todos os celtistas a nosa historia, actividades, proxectos
e inquietudes. Velaí, xa estamos na rede coa sana intención
de facer que cada día nos sintamos máis orgullosos
de ter o sangue celeste.
Esperámosvos. Vinte anos nos contemplan, outros vinte nos
esperan. Benvidos ó concerto.
 |
|