|
Parabéns 'Centolos'!
O
sábado 17 de novembro na cafetería Aqua celebrouse
a inauguración dunha nova peña chamada "Centolos
Celestes".
Sabíamolo de antemán pero aínda así
demostráronnos que son unha xente magnífica e cunha
grande ilusión, con sangue celeste e moitas, moitas ganas
de traballar para facer do noso Celta un equipo aínda máis
grande.
Por estas razóns Comando Celta non puido deixar pasar a
ocasión de decidiu asisitir ó evento para ofecerlles
todo o noso apoio. A presentación da peña foi moi
amena e divertida e contaron coa presencia de representacións
de varias peñas, Federación e
por parte do Celta asistiron Vlado Gudelj e o canteirán
Jonathan Vila.
Estamos seguros que eles saben que este vai ser un longo e difícil
camiño pero, a súa vez, moi satisfactorio no que
non fai falla desexarlles sorte porque o éxito o teñen
asegurado. Parabéns Centolos!
Miguel Boó: "La Correspondencia Gallega"
O
pasado 25 de novembro, nos prolegómenos do partido Celta-Nastic
de Tarragona, o escritor e xornalista Miguel Boó agasallou
á Peña Comando Celta por medio do seu
presidente Francisco Hernández Franchu cun
exemplar do libro La Correspondencia Gallega e o desastre
do 98.
Este volume reflexa as crónicas
das guerras de Cuba e Filipinas, tralas que se expediu o certificado
de defunción do vello Imperio español. Lonxe de
tratarse dun ensaio histórico, o volume que ven de editar
a Deputación de Pontevedra narra cómo os galegos
viviron o Desastre do 98 a través das páxinas
do rotativo La Correspondencia Gallega.
Con este espíritu de tentar achegar
aos lectores de hoxe en día unha moi particular visión
do Desastre do 98, foi concibida esta obra que, ao
mesmo tempo, quere ser unha homenaxe a todos os mozos galegos
que caeron absurdamente na fronte, ó mesmo tempo que se
derrubaba o vello Imperio español, quintos cuios nomes
aparecen nun anexo do libro nunha relación forzosamente
incompleta. [nov 2007]
Sorrisos celestes
O
pasado 23 de novembro a Peña Celtista Estrelas Celestes
organizou unha cea benéfica no Hotel Hesperia co lema "Sorrisos
Celestes". Comando Celta uniuse a esta iniciativa solidaria
e colaborou, igual que todos os asistentes, aportando xoguetes
que irán destinados ós cativos máis desfavorecidos
da nosa cidade para que "non falte un sorriso a ningún
neno neste nadal".
Felicitamos ós amigos/as de Estrelas Celestes, en especial
a súa presidenta Belén Álvarez, polo seu
abnegado traballo en favor desta causa solidaria [nov 2007].
Achegamento ó "Territorio Comando"
Como non podería ser doutro xeito Comando Celta estará
a próxima temporada apoiando ao Celta desde a súa
zona na bancada de Marcador. Por este motivo gustaríanos
que todos os afeccionados que esteades interesados en achegarvos
á nosa zona comuniquedes connosco. Nós podemos encargarnos
de buscar as zonas que están libres de abono.
Tamén sería interesante que os que xa estades connosco,
e non tedes o voso asento fixo alí, nos avisedes para intentar
organizarnos mellor.
Contacta connosco en
ou en 
Campión 2007
Un ano máis Comando Celta conseguíu o triunfo no
xa tradiconal torneo de fútbol de peñas que este
ano alcanza a X edición. Os nosos rapaces disputaron a
fase previa no campo de Trasmañó onde acadaron o
primeiro posto do grupo E fronte ás peñas Río
Ulla, O Grove e Recuncho Celeste.
Coa vitoria por 5-0 nos cuartos de final, fronte á peña
Fernando Vázquez, remataba a xornada matinal. Pola tarde
nas semifinais superaron por 1-0 a Arbo, e xa na final conseguiron
a vitoria por 4-0 ante Pontevedra+Pontecaldelas, peñas
que concurrían xuntas a esta edición do torneo.
 |
Fotos
do torneo
|