Correo-e comandocelta.com

Coa posta en servicio da nova web de Comando Celta poñemos a disposición de todos os socios un enderezo exclusivo de correo electrónico co dominio @comandocelta.com.

Ademais de poder entrar ó buzón de correo a través dun programa cliente como 'Outlook Express', a aplicación CORREO WEB instalada no servidor permíteche acceder ós teus buzóns de correo dende calquera ordenador do mundo conectado a internet.


Como ver o teu correo na web:

1 Abre un navegador e entra na dirección http://comandocelta.com/webmail

2 Na páxina de benvida deberás escribir o nome de usuario e o contrasinal correspondente ó buzón e logo premer no botón <Entrar>.



3 Para acceder ás mensaxes ir as diferentes carpetas da webmail.


Configurar Outlook Express

O que fai o programa Outlook Express e pasar tódolas mensaxes do buzón que se atopan no servidor ó equipo do usuario e envia-las mensaxes que están no equipo do usuario ó servidor.

1 Entramos no programa Outlook Express.

2 Fai click en Ferramentas -> Contas -> Correo -> Agregar -> Correo. O programa indicarache os campos que debes encher:

Nome para mostrar: debes escribir o nome que queres ter como remitente.
Dirección de correo electrónico: a dirección que che foi dada (ex.: aeiou@comandocelta.com).
Servidor de correo entrante: IMAP
Correo entrante: imap.comandocelta.com
Correo saínte: smtp.comandocelta.com
Nome da conta: a que foi entregada (ex.: aeiou). Non é necesario poñer a dirección completa.
Contrasinal (Password): inserir a que che foi facilitada.

3 Preme en <Seguinte> e verás a conta creada na lista de contas; selecciona a conta e fai click en <Propiedades>

4 Atópaste agora na pestana xeral das propiedades da conta de correo; desprázate á pestana <Servidores> e marca a casilla "Meu ordenador require autentificación" no apartado "Servidor de correo saínte".

5 Preme<Aplicar> e seguidamente <Aceptar>.


Cambiar a 'contrasinal'

1 Accede a túa conta de correo en http://comandocelta.com/webmail

2 Preme na parte superior da pantalla en <Opcións> e <Cambio de password>

3 Teclear os datos requeridos (utilizar exclusivamente letras minúsculas sen til)