|
|
Ante todo... moita caña
Ola a Todos e Todas. Benvidos ao 20º Aniversario de Comando
Celta. Benvidos á festa do Celtismo.
Este é un momento moi difícil de describir, de
resumir con palabras. Temos o costume de ver cara atrás
cada vez que se celebra un aniversario. Non é a miña
intención repetir este tópico, pero permitídeme
lervos unhas palabras que escribín fai uns meses, uns anos
ou unha década, iso é o de menos; un día
deses nos que o noso recordo tínguese de celeste intenso:
<<
Non quería mirar ao campo, deime a volta, quería
ver a bancada, ver o sentimento no rostro, nos ollos, nas mans,
as bágoas afloraban, non tiñan idade, vellos, novos,
isto soábame de vivilo noutro momento, estas mesmas sensacións
nas miñas neuronas.>>
Como xa dixen, estas palabras teñen uns meses, uns anos,
ou unha década. Pertencen a un descenso a segunda, ou quizais
a unha final de Copa perdida,.. Dá igual. Son o espello
da nosa historia, a historia do CELTA, a historia de COMANDO.
Todo o demais xa o coñecedes. Bandeiras, bengalas, pancartas,
cartolinas, bombos, autobuses, cascos con cornos (non todo o mundo
os leva con tanto orgullo...) palmas, bufandas, tracas, nas mans
a forza dun guerreiro, e na camiseta unha cruz vermella que ás
veces se crava no corazón. Iso é o que somos (as
veces non sei se a cruz levámola ás costas en vez
de no corazón...)
Hoxe celebramos cumprir 20 anos. Ninguén me pode negar
que somos moi novos. Xa quixésemos moitos... É máis,
entramos na década do mileurismo... Aínda vai ser
que o Club vainos a pagar 1.000 euros ao mes... iso xa o din as
malas linguas.
Pero, por encima de todo, somos COMANDO CELTA. Hoxe somos máis
que nunca COMANDO CELTA, con forzas para levar ao noso equipo
un banzo máis arriba ao berro de "Alé, Alé,
Alé"..., como este último domingo. Unha vez
máis, o "Sentimento COMANDO" renaceu. Hai caras
novas e xente nova que entendeu este Sentimento que perdurou durante
estes 20 anos. Os que xa non están son parte deste sentimento,
sempre terán o seu sitio. Os que se incorporan téñeno
que respectar e deben esforzarse para darlle vida.
Entre
tanta celebración e tanto recordo non podemos descoidar
o futuro. COMANDO é novo, recordo que só ten 20
anos. A esta idade debemos empezar a pensar no futuro, que como
sempre irá unido ao do noso querido CELTA. E o futuro é
a mocidade, que é o que xa non teremos os que aquí
estamos dentro doutros 20 anos.
Hai un reto vital para o Celtismo, e polo tanto un reto para Comando
Celta. Necesitamos facer a nosa propia "canteira" para
que este sentimento non desapareza. Se cremos en COMANDO, se queremos
ao CELTA, se aceptamos a nosa mocidade, pero tamén a nosa
próxima madurez, debemos pornos unha vez máis ao
choio. Pero esta vez co obxectivo principal de crear canteira
na afección.
Teño en mente a photo finish: todos nós nun
lado da curva de Marcador, a escasos metros da liña de
cal (é dicir, nun estadio novo...), vendo como unha xeración
de Comandos que agora empezan connosco axitan as bandeiras,
golpean os bombos e esnaquízanse as súas gargantas
por ese sentimento imposible que se chama REAL CLUB CELTA. E o
máis importante de todo: coméndonos unha enorme
bolsa de pipas (os que vivides este sentimento sabedes a que me
refiro...)
Somos os herdeiros dunha identidade, a do POBO CELTA, e dunha
paixón, o REAL CLUB CELTA. Ambos os pequenos, guerreiros,
afastados, en territorio salvaxe e condenados á resistencia
desde a que aprenderon a valorar a importancia dun raio de sol
no inverno do "fin da terra".
Aproveitando este xogo de palabras, aos membros do Club, directivos,
corpo técnico e sobre todo xogadores, pedímosvos
que sigades traballando forte para enviarnos ese pequeno raio
de sol. E cando ese non chegue, aí estará COMANDO
cantando "Alé, Alé, Alé"... para
abrir un claro no ceo.
Nós, COMANDO CELTA, temos a posibilidade de liderar a renovación
dunha afección que xa perdeu unha xeración. Como
sucedeu no 87, ano do noso nacemento, tamén xogando en
2ª División, poñámonos ao choio. Pero
que sexa a partir de mañá mesmo, porque hoxe estamos
celebrando a nosa mocidade.
ALA CELTA, FORZA CELTA, E ANTE TODO... MOITA CAÑA
Franchu Hernández, 11 de outubro de 2007
Comando: pasión y coraje por el Celta
|