
|
Un cento de celtistas estiveron presentes na cea na que se conmemorou
o XX aniversario da nosa peña. O salón Aurora do Restaurante
Don Pepe estaba engalanado para a ocasión con bandeiras e
motivos de Comando Celta.

Xunto a membros históricos da peña estiveron presentes
o presidente do RC Celta Carlos Mouriño xunto ó vicepresidente
Ricardo Barros e o conselleiro Pedro Posada. Tamén acudiron
en representación do club o delegado José Ricardo
Fernández acompañado dos xogadores do primeiro plantel
Jorge Larena e Antonio Guayre e os ex-xogadores Vlado Gudelj e Milorad
Ratkovic.

Durante a cea proxectouse a cinta "20 anos de camiño"
que recolle a historia de Comando Celta dende a súa
fundación pasando, despois dos discursos e intercambios
de agasallos, ó baile que estivo amenizado polo conxunto
'Nostalgia' rematando a velada ás 4 da madrugada.
11.10.2007
Reportaxe
gráfica de Champy e JES

Vinte
anos
Armando Álvarez, outubro 2007
Vinte anos. Gardel minte. É
un longo aniversario. Polo menos para unha peña futbolística.
As peñas teñen os seus propios ciclos. A meirande
parte morre igual que xurde, de sócato, ou queda reducida
a un nome con escasa sustancia. Son desas creadas para honrar a
un xogador, que pronto deixou de ser estrela, ou no lume dunha tempada
exitosa que as seguintes afean. Os cariños do balón
son adolescentes, veñen e van. Romances de noventa minutos,
estatuas que non se chegan a esculpir, autógrafos que un
se arrepinte de ter colleitado. Na cerimonia de inauguración
estaban todos, siareiros, plantel, directivos. Sorrían para
a fotografía. Non queda hoxe nin a memoria do seu nome. [
+ ]
Noite Celta
A
Noite Celta do Comando 'Idem'
[Crónica do reporteiro máis celeste: JES]
Al final no era tan complicado llegar al ya mítico
"Furancho da Balsa", ya que no era más que
coger la carretera de "circuncisión" (c)pow16,
luego la salida de Matamá, que es la 5 y luego seleccionar
Matamá 3 veces en las 3 siguientes rotondas que te
encuentras, te sonará exagerado leer tanto 3 pero es
la realidad.
El furancho es grande y espacioso, decorado para la ocasión
con camisetas de nuestro equipo de varias épocas, "merchandising"
de la peña, bufandas de equipos a los que les hemos
ganado en Europa o no, y hasta una exposición de fotos
de la peña "Comando Celta" animando o viajando
con el equipo o también en algún tipo de celebración.
[
+info ] |
|