|
|
A
memoria dunha década: Corazóns de sangue celeste
|
|
Sempre andas dicindo...
Cholo Durán [RadioVoz Vigo - 1997]
O título é como xa moitos, ou case todos saberán,
a estrofa dunha canción dedicada ó Celta que auixeron
converter incluso en himno do equipo vigués, pero que non
foi capaz de desbancar ó oficial. Estrofa que acaba dicindo:
"... e chega outro ano e pasa tamén". E isto é
o que me serve de referencia para falar un pouco dos afeccionados
celtistas.
.jpg)
Un non chega a entender cómo é posible que a masa
social do club non suba como debese, sobre todo nenetes momentos
nos que o equipo está respondendo incluso por riba das espectativas
que se marcaran.
Que Vigo é unha cidade cosmopolita que alberga aunha poboación
flotante entre os cen mil e os cento cincuenta mil habitantes, amén
dos case trescentos mil que ten censados, é algo que xa sabemos
dende hai bastante tempo. Que a maioría deses "habitantes"
desaparezan as fins de semana é algo que tampouco nos pilla
de sorpresa. Pero que tan só o cinco por cento dos censados
sexan abonados da entidade, é algo que non chega a entender
case ninguén. Porque o club ten agora mesmo ó redor
de catorce mil, por moito que o Consello de Administración,
e descoñezo os motivos, se empeñe en inflala. E o
peor é que dende que teño uso de razón, e hai
disto bastante tempo, a cifra mantense. Non medrou nada. Ben é
certo uqe son poucos pero bos. Pero non é suficiente.
Todos
queremos un Celta grande. Un Celta que cabalgue polos postos próximos
ás competicións europeas. Pero se vemos as cigras
que se manexan no fútbol actual, con presupostos que na maioría
dos casos dobran ou triplican ós nosos, que o club pretenda
estar próximo a estas metas e con tan pouca masa social,
a verdade é que é algo que nun principio só
se nos pasa pola cabeza ós soñadores. Aínda
que no fútbol, como na lotería, acostuma haber premios
miúdos. Pero nada mási.
Para subirse ó carro dos éxitos hai que tirar del.
E mentres o club non calcance un mínimo de vintecinco mil
abonados, non hai nada que facer. Soñar non custa nada, pero
ó despertar dámonos de conta de que todo era moi bonito,
pero que en nada se parece á realidade. A realidade é
outra. A realidade debería pasar por tomar todos conciencia
de que o que algo quere, algo lle custa. Un coñece e sabe
que o fútbol é caro e que as comparacións con
outros clubes e outras cidades non teñen nada que ver. Se
noutros sitios se paga máis e porque o nivel de vida é
tamén máis alto. Nese aspecto que ninguén trate
de enganarnos. Pero existen métodos e ademais cómodos
para poder facerse abonado. O sacrificio tamén é por
parte do amor ás cores do club. Outra cousa é que
queiramos. E se queremos un equipo grande, que alterne cos poderosos,
temos que arrimar todos o ombro. Se non é así, o desta
temporada é unha nube de verán e en calquera momento
colócannos de novo no noso sitio. No de sufrir. Porque este
parece o noso sinal porque así o queremos... case todos.
Felicidades ó Comando Celta |