|
|
A
memoria dunha década: Corazóns de sangue celeste
|
|
Dez anos ó pé do canón
Por Benigno de la Torre [1997]
Ser afeccionado ó fútbol é tan complicado como
sobrevivir, como das sen pedir nada a cambio, como levantarse cada
mañá pensando só en facer a boa obra do día.
Ser afeccionado do Celta tata esta temporada 97-98 foi algo así
como imitar ó bo samaritano. Descensos, crises dos avais,
asasinato, pérdas irreparables para o fútbol como
a de Alvelo, golpes de man no Concello, conversión en Sociedade
Anónima Deportiva e o romanticismo que daba sentido á
defensa dunhas cores.
.jpg)
O celtismo, que visto dende fóra pode non significar nada
máis que un lixeiro cpqueteo co mundo da fama, transfórmase
nunha crenza firme, nunha relixión mundana e nun sustento
da realidade deste equipo de fútbol cando se convive de preto
cos "comandos". Tal sexa o contacto en O Canizo,
nunha cidade perdida polo mapa da Primeira División nas súas
numerosas viaxes acompañando ó equipo ou nunha tertulia
sabatina no Don Balón mentres xogadores, directivos
ou técnicos os saúdan co respecto que merece unha
voz autorizada como é a desta peña.

Un en explícase a devoción dos "comandos"
cando che falan de Sestao, palabra máxica no seu entorno,
o dos derbis ante o Deportivo, do seu paso polas diferentes bancadas
de Balaídos. Adivíñase o peso específico
da súa opinión cando as augas turbias que baixan polo
Lagares salpican os alierces do club vigués. "Comando"
está sempre presente: para animar, para criticar, para empuxar,
para colaborar, para organizar, para incentivar e para enarbolar
a bandeira do celtismo alá por onde vaia.
Des anos ó pé do canón. Esta fiel e digna representación
do primeiro club de Galicia merécese, por dereito, unha grande
temproada e un futuro de recompensas deportivas, que sería
algo así como recoller, por fin, o froito dunha colleita
na que as mulleres e os homes de "Comando" participaron
con palabras e con feitos, aínda que ás veces ás
súas palabras alguén non lles tivese feito moito caso.
Sempre andas dicindo... |