|
|
A
memoria dunha década: Corazóns de sangue celeste
|
|
Desde cando son celtista
Escrito por Ramiro Fonte [1997]
Na vila, o meu pai era un dos raros seguidores do Celta, encravada
como está Pontedeume nas Mariñas a súa cidade
de referencia non é Ferrol, que fica moi preto, e si esa
Coruña doce, amable. Ós meus paisanos sempre lles
gustou reflexarse nas galerías da Dársena ou nos escaparates
das tendas da rúa Real ou por onde o Obelisco. Ó meu
pai nunca lle descubrín grandes afeccións pola arte
do balompé, pero debía ser por iso, pola súa
rara condición de celtista, polo que no caixón das
fotos, que eu repasaba nas tardes enfastiadas de inverno ou cando
estaba enfermo, topaba, entre familiares descoñecidos que
vivían en California, fotos de cumpreanos, casorios ou primieras
comunións, vellas alineacións do Celta de finais dos
corenta con xogadores vestidos coa camisola abotoada, máis
descoñecios aínda cós familiaresen cores que
tiñan nomes americanos que xamais aprendín. Quizais
aquelas fotos sexan as culpables de que a min me guste falar de
fútbol a través da nostalxia, e que unha das mellores
conversas é a que se pode ter cun vello futbolista, deses
que nunca saberemos se chegou a triunfar ou non.
Debeu
ser por iso que, cando fomos vivir a Ferrol (tiña eu daquela
once anos), meu pai decidiu levarme ó fútbol por primeira
e derradeira vez. Era un domingo perdido nos calendarios dunha primavera
doce, case verán. A dicir verdade, a min ninca se me deu
ben o de xogar ó fútbol e por iso a miña relación
cun deporte que formaba parte deo espíritu nacional se limitaba
ós xogadores que viñan nos cromos. Non sei por que,
pero estaba xa un pouco canso da branca vestimenta do Madrid e prefería
as cores blaugranas de Fusté, Sadurní ou Pereda. Pero
ó que íamos. Aquel domingo o Celta xogabaen Ferrol
o penúltimo partido da liga da segunda división. O
Celta xa estaba en primeira: ascendera a fin de semana anterior
ó gañarlle, se a memoria non me traizoa, ó
Sevilla. Volvía a ela despois de moitos xa que, de feito,
a representación do fútbol galego na primeira era,
por aquel tempo, o Deportivo, a quen chamaban o equipo ascensor,
e o glorioso Pontevedra do "hai que roelo".
Aquel partido foi moi xeitoso: non me deixará mentir o meu
amigo Pepe Vázquez Ramos, que o viu desde a grada destinada
ós militares sen graduación, vestido co uniforme de
infante de mariña. Gusto de lembrar aquel partido, sobre
todo nun tempo, o noso, no que ás veces un ten a impresión
de que o fútbol é o terreo de xogo dunha guerra bosníaca
entre as capitais galegas. Hai un dato de importancia: o Rácing
tamén se xogaba o ascenso á primeira división.
Nunca estivo Galicia tan preto como naquela primavera de finais
dos sesenta de ter catro equipos na máxima categoría.

Como o meu pai encendera en mín a chama do celtismo eu, sinceiramente,
quería que gañase o Celta, anque no campo do Inferniño
non tardei en entender, como entenden estas cousas os nenos, que
aquel era un partido de luva branca, e que o Celta estaba disposto
a deixarse gañar polo Rácing. Isto enxergábase
ben grande cantidade de pancartas que os vigueses (centos deles
viñeran desde as mansas rías do sur) erguían
nas súas mans. Todas levaban escritas proclamas nas que desexaban
o ascenso do Rácing. Os ferroláns, en consonancia
con semellante feito, dábanlle nas súas a enhoraboa
ós celestes polo ascenso conquerido. Non sei por que, pero
na miña memoria, algunhas das pancartas están feitas
con redes de pescar.
O Celta decepcionoume. O meu pai preparárame para unha derrota,
aínda sabendo que gañara a guerra. Eu non podía
entender como o dianteiro centro (creo que se chamaba Abel) podía
tirar fóra, a dez metros da portería, balóns
que a min, nas miñas pobres entendedeiras futbolísticas,
me parecían claros balóns de gol. O rácing
gañou dous a cero pero tanto tiña (debeume explicar
o meu pai) porque o Celta xa estaba en primeira. Finalmente o Rácing
non subiría: foron o Sevilla e o Mallorca os equipos que
acompañaron ó Celta á terra prometida daquela
división dourada.

Eu acabara primeiro de bacharelato e aquel verán vin a Vigo
cos meus avós, xa a finais de maio ou comezos de xuño.
Unha parte da miña infancia, esa parte máis duradoira
que soe ter as luces do verán, desenvólvense no barrio
do Calvario que hoxe (razóns de azares da vida) é
o meu barrio das horas laborables. Aquel verán, nun dos cuartos
que daban á misteriosa rúa Privada Moderna, véxome
chapando a plantilla enteira do Celta, que o "Faro" sacara
nun pequeno póster a cores. Aínda gardo na memoria
os nomes de moitos daqueles xogadores: Bermúdez, Pedrito,
Suco, Herminio, Abel, Costas, Jiménez,... Desde aquela son
celtista dun xeito consciente. O curso entrante, todos os domingos
estaba pendente dos resultados do Celta contra os famosos xogadores
dos cromos. E, para a miña sorpresa, non vexa o respectable
público, como empoleirei cos meus amigos ferroláns
cando Costas foi convocado por Kubala para a selección.
Dez anos ó pé do canón |