|
1998, un ano inesquecible

Comando Celta quixo festexar este ano, e fíxoo ao grande.
1998, quédase gravada para a historia do celtismo, o Celta
celebra o seu 75 aniversario e clasifícase para a UEFA,
non cabe dúbida que Comando esta a vivir un dos momentos
mais doces destes once anos de existencia.
O
15 de maio foi unha das datas mais destacadas en toda a historia
do Celta. Ese día disputábase a última xornada
da Liga, e o Celta chegaba a este partido contra o Mérida
con posibilidades de clasificarse para a UEFA.
¡Histórico!, o Celta en Europa, por fin unha viaxe
europea, o continente espéranos. O triunfo sobre o Mérida
(2-0) saltou como unha espoleta nas bancadas de Balaidos, a afección
toleou, desatou toda a súa paixón, alegría
e sentimento. E na celebración na praza de América,
de xeito extraordinario, Comando quixo sumarse á festa,
e apoiou o festexo cun superautobús tipo ínglés,
onde fixo as delicias de todos os afeccionados e dando colorido
ó evento.
Durante todo o día, o autobús de Comando estivo
alegrando e animando as rúas da cidade e, para despois,
recibir ao equipo no prolegómenos do partido, e acompañalos
na festa das Travesas.
Inesquecible para Comando, inesquecible para o celtismo.
Birmingham tinguiuse de celeste
|