|
Camiño de Sestao, camiño de primeira
Corría a temporada 86/87 cando a Liga de 2ª División
estreaba o sistema de Play-Off. Formáronse dous grupos
de seis equipo cada un, dos cales ascendían os campíons
e o mellor segundo clasificado. O noso Celta vense encadrado co
Raio Vallecano, Castellón, Sestao, Málaga e Coruña.
No noso entorno xa se empezaba a vivi-la emoción do posible
e ¿cómo non? o ansiado ascenso. Sabíamos
de antemán que ía ser duro e o tiñamos que
conseguir a contra do Coruña.
O
Play-Off ía transcurrindo moi favorable ó Celta
e despois da victoria sobre o Raio Vallecano espetou a ledicia
e tan só quedaba un escollo: ¡¡ SESTAO !! Botámosnos
á rúa nos coches, as bandeiras e bufandas celestes
ondeaban polas ventás, as bucinas non paraban de soar,
empeza a nacer o que máis tarde seria o grande rexurdir
do Celtismo. As xentes, por fin esquecian ó Barça
e ó Madrid, só existía o Real Club Celta.
Oe, que hai que prepara-la viaxe a Sestao. Non podemos
faltar, o Comando temos que estar alí.
O máis seguro é que o Concello vai fretar
un tren.
Si, pero a maioría da nosa peña traballa
e o luns hai que estar no chollo. Hai que ir en coches ou autobús.
Vai se-la hostia. Se ascendemos vaia festa...
Así que nos puxemos coa organización da viaxe.
Os prezos das viaxes eran moi altos. Solicitamos á Directiva
do Ribadulla unha axuda económica para custeala. O Club
atopábase inmerso na Campaña Electoral e salta a
sorpresa: un directivo espelidiño ofrécenos a viaxe
de balde, sempre e cando á volta lle entreguemos os votos
para a súa candidatura. Por suposto, negámosnos
rotundamente a sobornos.
O tema da viaxe estaba difícil, teriamos que desprazarnos
en coches, pero aparece na sede da peña unha persoa que
formaba parte doutra candidatura, que nos obsequia co cincuenta
por cento do custe do autobús, baixo unha condición:
mantelo no anonimato e sin nada a cambio. Sempre lle estaremos
agradecidos.

E chegou o dia desexado, comeza a marcha, tren, autobuses, coches,
máis de seis mil celtistas parten rumbo a Sestao para apoiar
ó equipo e dende as bancadas conducilo a Primeira División.
Co o autobús do Comando en marcha partimos hacia terras
vascas, fixemos noite en Burgos, polas rúas da cidade burgalesa
as xentes do lugar dábannos ánimos e diciannos:
¡¡imos Celtiña!! que xa estamos en primeira
Era incrible, notábase que as xentes tiñan simpatía
ó Celta; de feito, o porteiro do Celta Xavier Mate
xogara no Burgos e deixara grato recordo. Era a primeira noite,
a tension e a incerteza entre outras cousas non nos deixaba conciliar
o sono. Eran moitas sensaciones para ista peña nova, e
era imposible dormir. Algúns decidimos non pisa-lo hotel
e fomos facer celtismo pola noite burgalesa. Xa de madrugada e
co corpo quente, a golpes de tracas e fogos de artificio, espertamos
ó groso do pelotón. Era cedo e habia que partir
hacia Bilbao, ali tiñamos que recibi-lo tren no que ía
a maioría da afección celeste.

Xa en Bilbao o tren do ascenso non chegaba, o seu retraso era
considerable e depois dunha longa espera, "
ímonos,
Sestao espéranos, atoparémonos alí".
O que máis e o que menos levouse unha sorpresa. Sestao
non era máis que unha pequena vila da ribeira do Nervión,
o cal parecia que queriamos conquistar. A ansia do ascenso era
algo incrible, polas rúas víase un grande ambiente,
dunha cor moi bonita: azul celeste. Empezabamos a tomar contacto
coa afección do Sestao. Todos daban por feito que o Celta
seria o equipo ascensor, posto que o Deportivo vencía no
seu enfrentamento contra o Castellón, ascendia o Celta
e había que espera-la boa disponibilidade dos coruñeses
para axudar ó equipo galego. Loitar ata o final e conseguir
como mínimo un empate. Dependiamos de nós, asi que
a xogar e punto.
Chegou o tren, estabamos todos. Cada minuto que pasaba, o ambiente
era maior e os nervios tamén. Por diante quedábanos
gaña-la gloria ou en caso contrario vivir eses momentos
tan crus nos que pola cabeza dun pasa de todo e se pensa no que
puido ter sido.
Todo
estaba preparado: bengalas, bandeiras, bombos
Comando Celta
xunto con Xuventudes Celestes e Leri co seu megáfono, (inolvidable),
toman o protagonismo na bancada. Hai que animar sen descanso.
Os xogadores saltan ó campo das Llanas e ¡¡¡A
BANCADA ESTALA!!!
Durante os noventa minutos a tension foi tremenda, non se parou
de animar, ni tan só un minuto. A afección tamen
xogaba, e xogaba un papel importante. O partido estaba complicado,
e non saíamos do empate a ceros. Por outra banda o Deportivo
perdía con premeditación e alevosia (supoñiamos
que ia ocorrer). Os xogadores celestes loitaban como leóns,
xa quedaba menos, estabamos a punto de consegui-lo, e por fin
chegou o asúbio final.
Vaia xúbilo. Invadímo-lo terreo de xogo. Todos eran
abrazos e tamen bágoas. O CONSEGUIRAMOS, O CELTA EN PRIMEIRA.
Sen
apenas poder celebralo tiñamos que regresar para Vigo.
O regreso foi duro pero coa satisfacción do tan ansiado
ascenso fixose máis levadeiro. Non habia tempo para o descanso,
chegada a Vigo, había que prepara-la festa de recibimento
dos heroes de Sestao.
Tanto nós, o Comando, como Xuventudes e algúns voluntarios
tomámo-la iniciativa e organizámos o recibimento
e a marcha triunfal dende a fonte da Praza de España pola
Gran Via e rúa Venezuela cara á Praza do Concello.
As rúas de Vigo eran un fervedoiro de xente. Só
se oia: ¡CELTA,CELTA,CELTA!, comezaba o rexurdimento do
celtismo, nunha cidade de primeira, cunha afección de primeira.
¿Lembras?
Conseguírase, quén o ía a decir, outra
vez en primeira.
Vaia temporada.
Oe ti, ata o último minuto.
Si, o corazón tremia.
Despois a volta á casa, unha volta triunfal.
Vaia movida (pensabas)
E no asento, mentre o autobús devoraba quilómetros,
pasabas revista mentalmente á temporada.
Oe, vai facer case un ano dende a viaxe ä Coruña.
E verdade,
¿Lembras?, aquela noite o decidimos, na cabeza roldábanos
a idea de facer unha "peña".
¡Imos a Coruña! ¿podiamos facer unha
excursión?
Despois preparativos, autobús, bombos
Oe, ¡ hai que levar unha pancarta!
hai que facela
Non da tempo, maña é o partido
¡hai que facela como sexa!
Aquela noite foi longa, chegaba a súa fin, pero saíamos
do local co deber cumprido ¡fixeramos a pancarta!:
"CON ESTA INVASIÓN O CELTA CAMPIÓN"
Que ben soaba ¡eh! e nos laterais o nome da peña,
costounos un pouco, pero ó final conseguímolo.Demos
co nome.
Si a verdade é que si, pero é chulo o nome:
PEÑA COMANDO CELTA
... O autobús seguia o seu camiño cara a Vigo, unha
cidade de primeira. Sestao quedaba cada vez màis lonxe,
a noite ía pasando lentamente e o sono, cansancio
invadia o corpo. Había que descansar, quedábannos
moitas horas, tiñamos que estar presentables ó chegarnos,
pois como non, traíamos ó noso Celta en Primeira.
Vigo esperábamos
A copa do 94
|