|
A historia comeza...
En novembro de 1986, co motivo do encontro Deportivo-Celta celebrado
na Coruña, realizouse unha excursión e a partir de
aí fórxase a idea de fundar unha peña.

Pasaron cinco meses dende aquela excursión e a idea de facer
a peña chegou a boa fin, despois de ter as correspondentes
conversacións co Real Club Celta como tamén
co corrdinador das peñas D. Andrés García
constituiuse oficialmente e con estatutos no Goberno Civil (sección
1ª de asociacións e dereitos cidadáns).
Así rezaba na Acta Fundacional o fin da peña:
"Non terá outros fins que o de fomentar a afección
dos vigueses e simpatizantes cara ó noso club, o Real Club
Celta de Vigo, axudándoo co noso alento e animación
e acompañándoo nos desprazamentos máis próximos
a Vigo, onde o noso club xogue, e fomentar a afección ó
fútbol".
Tamén se constituíu a primeira Xunta Directiva Fundacional
formada polos seguintes membros:
Presidente
Manuel Alonso Costas
Vicepresidente
José Luis Cerviño Vila
Tesoureiro
Leopoldo Celard Correa
Secretario
Francisco Hernández Toribio |
Vocais
Jesús Domínguez Quintas
Jacinto Pérez Alonso
Manuel Sequeiros López |
E
chega a presentación da PEÑA COMANDO CELTA en Balaídos,
o día 22 de marzo de 1987. O Celta xoga co Deportivo da Coruña.
Os bombos, as bandeiras, as bengalas chegan ó campo. A bancada
de Preferencia na que está ubicada a peña é
unha explosión de ruído e colorido; arde Balaídos
polos catro costados: Xuventudes Celestes en Río Baixo, Celtarras
en Gol, Celtas Sen Filtro en Marcador e Comando Celta en Preferencia.
O derbi está servido. O Celta gaña 3-0 e a afección
disfruta.
A presencia de Comando Celta en Balaídos, xuntamente coas
xa habituais daquela época Xuventudes Celestes, Celtas
sen Filtro e Celtarras reforza máis o ambiente e colorido
nas bancadas. Os bombos esquecidos durante bastante tempo volvían,
tamén as bengalas, tracas, bandeiras... fan furor en Balaídos
como en todos os campos de fútbol, pois, a moda que vén
de Italia implantarase de forma definitiva por todas as peñas
futboleiras de España.

A peña Comando Celta, durante esta época e no referente
á animación da bancada dedica unha parte do seu presuposto
en bombos, tracas, bengalas, bandeiras..., que gracias ás
cotas dos socios, como tamén dos ingresos xerados pola venda
de material da peña (bufandas, pegatinas, etc), axudan a
sufragar os gastos ocasionados para tal fin.
Nestes
comezos a peña conta con cerca de cento trinta socios peñistas
e socios do RC Celta de distintas bancadas de Balaídos.
Os primeiros meses de vida do Comando Celta céntranse na
asistencia a todos os partidos que o Celta xoga en Balaídos
e á posta en escena de animación conxuntamente coas
demais peñas, en especial con Xuventudes Celestes.
A boa labor da Xunta Directiva da peña, incremento de socios,
boas relacións coa coordinadora de peñas e a boa disponibilidade
de Real Club Celta por mediación do, xa falecido, xerente
Quinocho e pola secretaria Ángeles Santos, axudan á
definitiva consolidación da peña.
Camiño de Sestao, camiño
de primeira |