|
Abdelhakin, o comando alxeriano
Os
vínculos do noso Celta traspasan as fronteiras e o celtismo
brota nos recunchos máis recónditos e inesperados.
Tal é o caso de Abdelhakim.
Hakim é un xove alxeriano nado no 1979 e que reside en Orán.
Comezou a seguir a andaina celeste cando toda Europa quedaba marabillada
polo xogo despregado polos pupilos de Víctor Fernández,
daquela o noso adestrador.
O contacto con Comando Celta iníciase no outono do 2005 a
través dunha carta chea de debuxos e alusións ó
RC Celta. A misiva viña escrita nun idioma mistura de francés,
español e algo máis que era pouco menos que indescifrable.
Na interpretación da carta resumíase en que Abdelhakim
era un acérrimo siareiro celtista e ademais un fiel seguidor
da actualidade do club celeste. Hakim remataba o escrito solicitando
un favor moi especial: ter unha camiseta do RC Celta.
A partires de aí iniciáronse as xestións para
buscar o xeito de mercar e facerlle chegar a camiseta ata Orán.
A carta foi entregada ó RC Celta que despois de pasar por
varias mans acabou obviando o asunto. Foi Comando Celta quen finalmente
lle enviou por correo unha camiseta oficial xunto a unha bandeira,
unha viseira e, como non, un pin da nosa peña.
Abdelhakim segue moi de preto as noticias do noso club e
case que diariamente actualiza a súa web
que está adicada, como non, ó Celta. Visitade a súa
páxina e deixádelle un saúdo que seguro que
lle fará moita ilusión.
Luis Cerviño, empufado por el Celta |