Galería de imaxes: VII Noite Celta

Unha noite máis as nosas costas. E unha vez máis outro éxito. Decenas de comandos e simpatizantes da nosa agrupación reunironse o pasado 26 de novembro no restaurante vigués El Gran Danubio Azul para gozar dun cocido galego e de filloas recheas. Excepcional ambente onde tamén contamos coa presenza de varios dos nosos colaboradores, os cales non podemos máis que estar agradecidos polo centenar de agasallos que aportaron. 

Foi unha velada que se encargou de amenizar o grupo musical vigués Armonía, con temas de onte e de hoxe, que fixo as delicias de todos. Por suposto, unha Noite Celta non podía faltarlle o tradicional conxuro da Queimada e o sorteo de agasallos. Ninguén marchou coas mans vacías. 

Eran xa altas horas da madrugada cando a festa rematou. Esperamos que o ano que ven podamos voltar a contar con vós. Deixamos unha selección das fotos feitas polo nosos reporteiro especial da Axencia CC.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *