Chega unha nova edición da Noite Celta

A Noite Celta de Comando Celta resulta de obrigada visita e desfrute para todos aqueles que se atopen en disposición de pasalo ben. O último sábado do penúltimo mes do ano é data obrigada en toda axenda celtista. A Noite Celta, polo seu contido lúdico, gastronómico e musical, é das que deixan pegada, das que un obrígase a repetir ano a ano, dado o ambiente e animación que sempre ofrece.

Dende as súas primeiras edicións son convocados comandos e simpatizantes do noso Celta a tomar unhas boas viandas regadas con bo viño, excelentes sobremesas e, sobre todo, non podía faltar o rei da mesa, o licor café. Esta edición cambiamos de pola, e movémonos ó Restaurante El Gran Danubio Azul (Rúa Saa, 48 – Moledo (Sárdoma)).

Simultaneamente ós actos culinarios, como é costume na nosa festa, teremos actuacións musicais e celébranse sorteos de agasallos aportados polas firmas colaboradoras entre todos os asistentes.

Entrada + cea: 18 € socios comando (coa cota desta temporada pagada) / 20 € simpatizantes – bebida incluida.
Sopa de cocido
Cocido compreto
Sobremesa, café e chupito
Bebida: Viño (Barrantes ou Ribeiro), cervexa, auga ou refrescos.
Carallada de balde.

Para reservar a túa praza contacta con nós no noso correo comandocelta@comandocelta.com ou nas nosas redes sociais. Tedes ata o mercores 23 para anotarvos. Temos aforo limitado!!!

Non te quedes sen o teu sitio e recorda levar a chaqueta e a camiseta comando á Noite.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *