Campaña de socios 2016/17: Volta a Europa

Comeza a nova campaña de socios para a temporada 2016/17, a do trinta aniversario. A da volta a competicións europeas. Xa podes unirte a peña Comando Celta e vivir o Celta xunto a nos durante todo un ano. Únete a unha das peñas máis lonxevas do celtismo e terás a man todas as vantaxes de ser un “comando”. Descontos no noso merchandising, nas viaxes, nos eventos que organicemos, etc… e ademais formar parte do mundo das peñas do Celta.

Un novo proxecto celeste e queremos que vivas o mellor fútbol xunto ao mellor ambiente, na zona Comando en Marcador. Para elo so tes que pasar polo noso local, nos baixos de Marcador no estadio de Balaídos, antes dos encontros que xogue o Celta, por exemplo este sábado dende as 12:00 na previa do Celta-Atlético. Enches a nosa ficha de inscrición e pagas a cota, e xa formas parte de Comando Celta.

Os prezos permanecen invariables. Para os menores de 12 anos é gratis, de 13 a 26 anos tan só 12 euros e para os maiores de 27 anos son 25 euros. Para aqueles que sexades de fora de Galiza temos unha cota reducida: 15 euros.

Se tes calquera dubida ou pregunta, podes contactar con nos tanto no correo comandocelta@comandocelta.com ou nos nosos perfís nas redes sociais Facebook e Twitter.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *