Campións do Torneo de Nadal de Arribada Celeste

O noso equipo de fúbol proclamouse campión do Torneo de Nadal que organizou a peña Arribada Celeste, no campo do Aral en Baiona, o pasado sábado 2 de xaneiro. Enfrontouse nun cuadrungular cos equipos das peñas Centolos Celestes, Colectivo Nós e os anfitrións de Arribada Celeste. Foi o primeiro na liguilla inicial e gañou con claridade ao equipo de Nós na gran final por un tanteo de 8-4. Pero ademáis serviu para reunir máis de 100kg de alimentos para unha ONG local.

 

 

O torneo de fútbol sete comezou moi cedo, as dez da mañá esperaban ós catro equipos no coqueto campo da Real Vila. Os nosos tiñan enfronte a peña local no encontro que abría o torneo. Tras uns minutos iniciais de tanteo, os branquivermellos comezaron a poñer diferencia cos tantos de Pablo Martínez. As diferencias foron notables cun equipo que deixouse levar na segunda parte ata o 6-3 final. Primeiros tres puntos xa no saco.


Ás 11:00 esperaban os centolos. Os amarelos viñan de empatar e necesitaban a vitoria para manter as súas posibilidades de chegar a final. Pero Comando foi unha máquina que superou totalmente ó seu rival. O 4-1 final levaba á final a Comando e sen nada en xogo no terceiro encontro. O adestrador David Penela fixo rotacións para dar descanso ós xogadores fronte ó Colectivo. Os negros gañaron 6-5 e disputarían a final tamen. 

Colectivo Nós fronte a Comando Celta na gran final. Puxeronse moi rápido por diante pero un gol en propia porta puxo o empate para os comandos e foi a primeira pedra duns minutos ata o descanso para por unha diferenza de catro tantos que xa non foi recortada. O 8-4 final reflexaba as diferenzas entre ambos e daba o campionato a Comando Celta.

Noraboa ó noso equipo polo torneo que levan para as vitrinas do noso local. Os integrantes do mesmo foron Luis Brea (capitán), Ángel Cons, Javier Suárez, Iván Arias, Rubén Fernández, Pablo Martínez (pichichi do torneo), David Penela (adestrador), Gabriel Barros, Brais Vila, Jonathan Alonso, Alex Valeije, David Iglesias e Ángel Prado.

 

Arribada Celeste 3 – COMANDO 6 (Pablo -4-, Ángel C. e David I.)

Centolos Celestes 1 – COMANDO 4 (Pablo -2-, Ángel C., David I.)

Colectivo Nós 6 – COMANDO 5 (Álex, Ángel C., David I. e Pablo -2-)

CLASIFICACIÓN

1º COMANDO 6 ptos

2º Colectivo Nós 5 ptos

3º Centolos Celestes 4 ptos

4º Arribada Celeste 1 pto

FINAL

COMANDO 8 (Propia Porta, Gabri, Brais, Pablo -2-, David I., Rubén e Álex) – Colectivo Nós 4

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *