O noso equipo repite pase a fase final do torneo de peñas

O equipo volve un ano máis a acadar o pase á fase final do torneo de fútbol de peñas celestes organizado pola Federación das mesmas. Nun duro grupo os nosos lograron sair invictos e so a diferencia de goles alonxounos do primeiro posto. Nembargantes foi o mellor segundo de todos os grupos e eso permitiulle o pase a seguinte fase que se xogará o próximo 17 de maio de 2016.

Pero antes houbo que superar os dous partidos nunha chuviosa maña. Eran as 10:00 no campo do Penedo da Moo, sé da Atlántida de Matamá, cando os equipos da peña celtista Lío en Río e Comando Celta xogaban o primeiro partido do grupo. Un encontro que tras uns minutos igualados e ocasións para ambos, foise decantado do lado dos comandos. Lograron adiantarse en dúas ocasións, pero en outras tantos os Lío lograron empatar. 2-2 final.

As once da mañá comeza o segundo encontro do noso equipo e do grupo. A superioridade dos blanquivermellos foi posta de inmediato en xogo. Dous novos tantos de Pablo, un de Goofy e o derradeiro firmado por Ángel Cons dabanlle o liderado provisional a Comando. Pero no último encontro, Lío en Río superaba amplamente a Arribada Celeste e levabase a liderado.

Resultados:

Lío en Río 2 – COMANDO CELTA 2 (Pablo Martínez y Ángel Cons)
COMANDO CELTA 4 (Pablo Martínez 2, Jose Antonio Alonso y Ángel Cons) – Arribada Celeste 1

Clasificación:

1º Lío en Río 4ptos (+5)
2º COMANDO CELTA 4ptos (+3)
3º Arribada Celeste 0ptos (-8)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *