Gran imaxe do noso equipo na fase final do torneo de peñas

IMG_6780Comando da unha gran unha imaxe, invictos, e so a diferenza de goles deixanos fora. O grupo B presentouse como un dos máis igualadas da fase final do torneo de peñas do Celta 2015. Ramallosa-Canido, Lío en Río e Comando Celta disputaronse o liderado ata o derradeiro minuto, que permitía o pase as semifinais da competición. Os nosos merecen unha grande ovación polas pesimas condicións nas que tiveron disputar os encontros.

Unha pechada neboa, frío e unha fina choiva foron as compañeiras de viaxe na maña do un de maio. Moitas dificultades para o bo xogo comando. O campo de Candeán esperaba ás 10:15 ó equipo branquivermello quen volvían a verse as facianas con siareiros.net+Canteira Celeste como na primeira fase. De novo a vitoria caeu do noso lado, nesta ocasión por un corto 1-0 pero que deixou un golazo de Ángel Cons.

Hora e media despois xogabamos por primeira vez na nosa historia contra a peña Ramallosa-Canido. O que foi o campión do grupo adiantouse no marcador na primeira parte cun moi dubidoso penalti, fortemente protestado polos nosos. Case estivo o noso porteiro Miguel de paralo. Os comandos apretaron os dentes e na segunda parte lograron empatar cunha volea dende fora do área a cargo de Davizinho.

E no último encontro, os amigos de Lío en Río chegaban tamen con catro puntos. Cun gañara pasaba e en caso de empate dependían do último encontro do grupo. As forzas xa escasearon en ambos conxuntos, cun campo xa impracticable que non permitiu mover o marcador. Novamente foi un prazer compartir terreo de xogo co equipo laranxa.

Resultados:

Siareiros.net+Canteira Celeste 0 – COMANDO CELTA 1 (Ángel Cons)
Ramallosa-Canido 1 – COMANDO CELTA 1 (Davizinho)
Lío en Río 0 – COMANDO CELTA 0

Clasificación:

1º Ramallosa-Canido 5ptos (+5)
2º Lío en Río 5ptos (+2)
3º COMANDO CELTA 5ptos (+1)
4º Siareiros.net+Canteira Celeste 0ptos (-8)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *