O equipo de Comando pasa a fase final do torneo de peñas

10403060_968003799885940_8336656684091516935_nO equipo comando volve de novo a lograr o pase a segunda fase do torneo de peñas, igualando o xa logrado na última edición. A baixa de última hora do equipo da peña Beretes Celestes so permitiu ós nosos xogar dous encontras, ambos resoltos con vitoria. Os homes adestrados por David Penela selaron a súa clasificación para a fase final que se xoga o próximo un de maio.

Pero antes houbo que superar os dous partidos nunha fria maña. Eran as 10:45 no campo de Cotogrande, sé da UD Santa Mariña de Cabral, cando os equipos da peña celtista siareiros.net+Canteira Celeste e Comando Celta xogaban o segundo partido do grupo. Un encontro que tras uns minutos igualados e ocasións para ambos, foise decantado do lado dos comandos. Os futbolistas impuxeron a súa calidade ante un conxunto que xa contaba con tres puntos no peto grazas ós goles de Pablo.

As doce do mediodía comeza o último encontro do noso equipo e do grupo. Un empate xa chegaba para ser lideres, pero os nosos non xogaron con elo. A peña celtista Preferencia Celeste esperábanos coa necesidade de gañar para lograr o pase á fase final. De novo os branquivermellos impuxeron a súa calidade e foron superiores. Dous novos tantos de Pablo, un de Goofy e o derradeiro firmado por Ángel Cons.
Resultados:

Siareiros.net+Canteira Celeste 3 – Preferencia Celeste 0
Siareiros.net+Canteira Celeste 1 – COMANDO CELTA 4 (Pablo Martínez 4)
Preferencia Celeste 1 – COMANDO CELTA 4 (Pablo Martínez 2, Jose Antonio Alonso y Angel Cons)

Clasificación:

1º COMANDO CELTA 6ptos (+6)
2º Siareiros.net+Canteira Celeste 3ptos (0)
3º Preferencia Celeste 0ptos (-6)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *