Galería de imaxes: Viaxe a Donostia

1 [800x600]Outro ano máis organizamos unha viaxe para todos os nosos socios e todo aquel celtista que quixera acompañarvos. Este ano o elixido foi o encontro que xogou o Celta o pasado sábado 7 de febreiro no estadio de Anoeta. A pesares do mal tempo no viaxe de ida, con moito frío e neve, pasamos unha gran fin de semana en San Sebastián e cun puntiño máis na buchaca. Foron 48 horas de celtismo, con moitas horas metidos nun autobús. E aquí tedes a selección de todas as fotografías que fixeron na Axencia CC.

Non queremos nin podemos esquecernos das empresas que fixeron posible a viaxe. Especialmente a compañía Monbus pola súa ampla colaboración e boa disposición para ter o desplazamento que queríamos. Asemesmo ós nosos colaboradores: Riebog, Pocholadas, Panadería El Progreso, Habla Premium Bar, Point Night life e a Dona Marujita (Frigoríficos de Vigo), pola súa axuda.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *