Viaxa a Donostia con Comando

web viajeCon motivo do Real Sociedad-Celta organizamos un viaxe en autobús para todos os nosos socios e celtismo en xeral. A saída será o sábado 7 de febreiro, ás 00:00 dende o noso local no Estadio de Balaídos e retorno ás 12:00 dende Donostia. A viaxe inclúe autobús, hotel de catro estrelas con almorzo e entrada para o partido.

Para os socios da peña o custo é de 75 €. Para os non socios 100 €, tamén con entrada. Para anotarvos tedes tres oportunidades: o venres 23 e o luns 26 de 19:00 a 21:00 e o sábado 31 antes do Celta-Córdoba, no noso local en Balaídos. No momento de anotarse debe abonarse íntegramente o custo do viaxe. A viaxe pecharase o 31, sen posibilidade de prórroga debido a razóns loxísticas do hotel e legais pola nova lexislación deportiva para viaxes de siareiros.

As prazas son limitadas, non esperedes para anotarvos. O custo da viaxe, unha vez abonado, non será devolto en ningún caso tras o día 31 de xaneiro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *