Galería de imaxes: A VI Noite Celta en imaxes

O pasado 22 de novembro vimos de celebrar a sexta edición da Noite Celta. Como ocorreu dende o primeiro ano, o Furancho da Balsa volveu a acoller a nosa festa máis tradicional. O «crooner» vigués Tony Lomba animou a festa en dous pases, na comida e tras as sobremesas, que queceron o ambiente do local. Mais dun cento de celtistas tomaron as mellores viandas do noso pais, as bebidas mais espirituosas e esgotaron toda a troula ata altas horas da madrugada. O fin de festa viu marcado polo xa tradicional sorteo de agasallos doados polos nosos colaboradores e a queimada para espantar os malos meigallos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *