Presentada a VI Noite Celta

CARTEL NOITE CELTA 2014 [800x600]A Noite Celta de Comando Celta resulta de obrigada visita e disfrute para todos aqueles que se atopen en disposición de pasalo ben. Durante un sábado do penúltimo mes do ano é data obrigada en toda axenda celtista. A Noite Celta, polo seu contido lúdico, gastronómico e musical, é das que deixan pegada, das que un obrígase a repetir ano a ano, dado o ambiente e animación que sempre ofrece.

Dende as súas primeiras edicións son convocados comandos e simpatizantes do noso Celta a acudir ó Furancho da Balsa a tomar boas tapas, todas elas caseiras, e regadas con bo viño, excelentes postres e sobre todo, non podía faltar o rei da mesa, o licor café.

Simultaneamente ós actos culinarios, este ano traemos de volta ó crooner vigués Tony Lomba, que traerá un espectáculo especial que esperamos dende a directiva sexa do voso agrado. Tamén ó longo da noite se celebran sorteos e o tradicional conxuro da queimada, para deleite de todos os asistentes.

—————————————————————————————–
Entrada + tapas: 12 € socios comando / 15 € simpatizantes
Tapas: Empanada, tortilla, xamón asado, chourizo e callos
Roscón e café.
Viños e licores a bo prezo.
Carallada de balde.
Temos aforo limitado.

As entradas a venda dende o mercores 12 ata o mercores 19 todos os días no noso local de 19:00 a 20:30, salvo sábado e domingo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *