Comando participou no memorial Jaime Vilar

comando 2O pasado venres 25 de xullo, día de Galiza, estivemos acompañando á xente de Arribada Celeste no torneo que organizan en veran para honrar a memoria de Jaime Vilar. O campo do Aral, no centro de Baiona, esperaba ao noso equipo de fútbol7. Foi un día de moito deporte, bo tempo e, sobre todo, celtismo con varias das peñas máis representativas deste sentimento.

Nesta segunda edición, a primeira para nos en Baiona, estivemos encadrados no grupo 1 xunto a Arribada Celeste 1, Yoel, Celtarras –quenes non puideron acudir finalmente- e Centolos Celestes. O primeiro encontro foi as dez da maña fronte a peña local e rapidamente inclinouse cara o lado branquivermello. Os goles foron caendo ata un 9-0 final.

Antes do mediodía tivemos enfronte a peña Yoel. En partido moito máis igualado co primeiro, con dous equipos que puxeron todo. O empate a tres final foi xusto. Trala comida rematamos a liguilla ante Centolos, xa co pase a semis nas mans. O rápido 2-0 posto por Comando foi insuperable para os amarelos. Desta forma finalizabamos lideres do grupo 1.

Nas semifinais esperaba o equipo de Irmandiños 1923, que foron segundos no grupo 2. A pesares de comezar gañando, o noso equipo viuse superado pola peña de Río Baixo e que foron finalmente campións do torneo. O marcador final foi de 3-5.

ARRIBADA CELESTE-1 0 – COMANDO CELTA 9 (Gabi 4, Berto 3, Edu e Daviziño)
COMANDO CELTA 3 (Berto, Gabi 2) – YOEL 3
CENTOLOS CELESTES 1 – COMANDO CELTA 2 (Gabi 2)
COMANDO CELTA 3 (Berto, Pedro e Edu (p.)) – IRMANDIÑOS 1923 5

torneoBaionaEquipo

 

DE PÉ: BORJA, EDU, PEDRO, ÁNGEL, RUBÉN, BERTO
SENTADOS: DAVID, NOEL, LUIS, DAVIZIÑO, GABI

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *