Galería de imaxes: II Festa Ibicelta

O pasado doce de xullo vimos de celebrar a segunda edición da Festa Ibicelta, de novo no recinto Villa Carmen preto de O Porriño. Organizado pola nosa peña e coa colaboración das firmas Grupo Varma a través da súa marca Ron Barceló, Galicor, Pocholadas Porriño, Catering Don Gusto e Estrella Galicia. Todas elas puxeron o seu grao de area para facer da tarde-noite unha forma distinta de vivir o verán galego en estes meses de seca futbolística.

A festa veu marcada polas cores brancas e celestes, as únicas “permitidas” entre os asistentes que puideron gozar da piscina de Villa Carmen, da cea preparada por Don Gusto e da música e a animación seleccionada polo DJ Antonio Varela. Dende aquí dar as grazas a tódolos asistentes e esperamos que desfrutedes das imaxes dese día que nos trouxo a Axencia CC.

«Celebrada el 12 de Julio y organizado por Comando Celta, en Villa Carmen (Porriño).
Agradecimientos a Antonio Varela Dj, Grupo Varma, Galicor, Estrella de Galicia, Catering Don Gusto, Pocholadas y por supuesto a todos los asistentes.
¡¡¡ FORZA CELTA!!!»



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *