Camiño de Sestao, camiño de primeira

Corría a temporada 86/87 cando a Liga de 2ª División estreaba o sistema de Play-Off. Formáronse dous grupos de seis equipo cada un, dos cales ascendían os campíons e o mellor segundo clasificado. O noso Celta vense encadrado co Raio Vallecano, Castellón, Sestao, Málaga e Coruña. No noso entorno xa se empezaba a vivi-la emoción do posible e ¿cómo non? o ansiado ascenso. Sabíamos de antemán que ía ser duro e o tiñamos que conseguir a contra do Coruña.

O Play-Off ía transcurrindo moi favorable ó Celta e despois da victoria sobre o Raio Vallecano espetou a ledicia e tan só quedaba un escollo: ¡¡ SESTAO !! Botámosnos á rúa nos coches, as bandeiras e bufandas celestes ondeaban polas ventás, as bucinas non paraban de soar, empeza a nacer o que máis tarde seria o grande rexurdir do Celtismo. As xentes, por fin esquecian ó Barça e ó Madrid, só existía o Real Club Celta.

— Oe, que hai que prepara-la viaxe a Sestao. Non podemos faltar, o Comando temos que estar alí.
— O máis seguro é que o Concello vai fretar un tren.
— Si, pero a maioría da nosa peña traballa e o luns hai que estar no chollo. Hai que ir en coches ou autobús.
— Vai se-la hostia. Se ascendemos vaia festa…

Así que nos puxemos coa organización da viaxe. Os prezos das viaxes eran moi altos. Solicitamos á Directiva do Ribadulla unha axuda económica para custeala. O Club atopábase inmerso na Campaña Electoral e salta a sorpresa: un directivo espelidiño ofrécenos a viaxe de balde, sempre e cando á volta lle entreguemos os votos para a súa candidatura. Por suposto, negámosnos rotundamente a sobornos.

O tema da viaxe estaba difícil, teriamos que desprazarnos en coches, pero aparece na sede da peña unha persoa que formaba parte doutra candidatura, que nos obsequia co cincuenta por cento do custe do autobús, baixo unha condición: mantelo no anonimato e sin nada a cambio. Sempre lle estaremos agradecidos.

E chegou o dia desexado, comeza a marcha, tren, autobuses, coches, máis de seis mil celtistas parten rumbo a Sestao para apoiar ó equipo e dende as bancadas conducilo a Primeira División.

Co o autobús do Comando en marcha partimos hacia terras vascas, fixemos noite en Burgos, polas rúas da cidade burgalesa as xentes do lugar dábannos ánimos e diciannos: ¡¡imos Celtiña!! que xa estamos en primeira

Era incrible, notábase que as xentes tiñan simpatía ó Celta; de feito, o porteiro do Celta —Xavier Mate— xogara no Burgos e deixara grato recordo. Era a primeira noite, a tension e a incerteza entre outras cousas non nos deixaba conciliar o sono. Eran moitas sensaciones para ista peña nova, e era imposible dormir. Algúns decidimos non pisa-lo hotel e fomos facer celtismo pola noite burgalesa. Xa de madrugada e co corpo quente, a golpes de tracas e fogos de artificio, espertamos ó groso do pelotón. Era cedo e habia que partir hacia Bilbao, ali tiñamos que recibi-lo tren no que ía a maioría da afección celeste.

Xa en Bilbao o tren do ascenso non chegaba, o seu retraso era considerable e depois dunha longa espera, “…ímonos, Sestao espéranos, atoparémonos alí”. O que máis e o que menos levouse unha sorpresa. Sestao non era máis que unha pequena vila da ribeira do Nervión, o cal parecia que queriamos conquistar. A ansia do ascenso era algo incrible, polas rúas víase un grande ambiente, dunha cor moi bonita: azul celeste. Empezabamos a tomar contacto coa afección do Sestao. Todos daban por feito que o Celta seria o equipo ascensor, posto que o Deportivo vencía no seu enfrentamento contra o Castellón, ascendia o Celta e había que espera-la boa disponibilidade dos coruñeses para axudar ó equipo galego. Loitar ata o final e conseguir como mínimo un empate. Dependiamos de nós, asi que a xogar e punto.

Chegou o tren, estabamos todos. Cada minuto que pasaba, o ambiente era maior e os nervios tamén. Por diante quedábanos gaña-la gloria ou en caso contrario vivir eses momentos tan crus nos que pola cabeza dun pasa de todo e se pensa no que puido ter sido.

Todo estaba preparado: bengalas, bandeiras, bombos… Comando Celta xunto con Xuventudes Celestes e Leri co seu megáfono, (inolvidable), toman o protagonismo na bancada. Hai que animar sen descanso. Os xogadores saltan ó campo das Llanas e ¡¡¡A BANCADA ESTALA!!!

Durante os noventa minutos a tension foi tremenda, non se parou de animar, ni tan só un minuto. A afección tamen xogaba, e xogaba un papel importante. O partido estaba complicado, e non saíamos do empate a ceros. Por outra banda o Deportivo perdía con premeditación e alevosia (supoñiamos que ia ocorrer). Os xogadores celestes loitaban como leóns, xa quedaba menos, estabamos a punto de consegui-lo, e por fin chegou o asúbio final.

Vaia xúbilo. Invadímo-lo terreo de xogo. Todos eran abrazos e tamen bágoas. O CONSEGUIRAMOS, O CELTA EN PRIMEIRA.

Sen apenas poder celebralo tiñamos que regresar para Vigo. O regreso foi duro pero coa satisfacción do tan ansiado ascenso fixose máis levadeiro. Non habia tempo para o descanso, chegada a Vigo, había que prepara-la festa de recibimento dos heroes de Sestao.

Tanto nós, o Comando, como Xuventudes e algúns voluntarios tomámo-la iniciativa e organizámos o recibimento e a marcha triunfal dende a fonte da Praza de España pola Gran Via e rúa Venezuela cara á Praza do Concello. As rúas de Vigo eran un fervedoiro de xente. Só se oia: ¡CELTA,CELTA,CELTA!, comezaba o rexurdimento do celtismo, nunha cidade de primeira, cunha afección de primeira.

— ¿Lembras?

…Conseguírase, quén o ía a decir, outra vez en primeira.

— Vaia temporada.
— Oe ti, ata o último minuto.
— Si, o corazón tremia.
— Despois a volta á casa, unha volta triunfal.
— Vaia movida (pensabas)

E no asento, mentre o autobús devoraba quilómetros, pasabas revista mentalmente á temporada.

— Oe, vai facer case un ano dende a viaxe ä Coruña.
— E verdade,
— ¿Lembras?, aquela noite o decidimos, na cabeza roldábanos a idea de facer unha “peña”.
— ¡Imos a Coruña! ¿podiamos facer unha excursión?

Despois preparativos, autobús, bombos…

— Oe, ¡ hai que levar unha pancarta!
— hai que facela
— Non da tempo, maña é o partido
— ¡hai que facela como sexa!

Aquela noite foi longa, chegaba a súa fin, pero saíamos do local co deber cumprido ¡fixeramos a pancarta!:

“CON ESTA INVASIÓN O CELTA CAMPIÓN”

— Que ben soaba ¡eh! e nos laterais o nome da peña, costounos un pouco, pero ó final conseguímolo.Demos co nome.
— Si a verdade é que si, pero é chulo o nome: PEÑA COMANDO CELTA

… O autobús seguia o seu camiño cara a Vigo, unha cidade de primeira. Sestao quedaba cada vez màis lonxe, a noite ía pasando lentamente e o sono, cansancio… invadia o corpo. Había que descansar, quedábannos moitas horas, tiñamos que estar presentables ó chegarnos, pois como non, traíamos ó noso Celta en Primeira. Vigo esperábamos…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *