Birmingham tinguiuse de celeste

Novembro 1998:
Os integrantes do Comando Celta non se arrepentiron da viaxe realizada ás illas, xa que poderán contar que presenciaron en directo a maior xesta histórica do Celta. Os setecentos célticos que chegaron a Birmingham foron situados nun lateral da bancada que leva o nome de Dopug Ellis. Cando a afección inglesa enmudeceu, o que ocorreu en moitos momentos do encontro, a hinchada celeste deu claras mostras da súa presenza no Vila Park. Os ingleses non soamente aprenderon unha lección de fútbol, senón que tamén escoitaron a “Rianxeira”, e xa ao final Comando Celta e os setecentos despedíronse ao berro de ¡campións, campións!

 

Hai que recoñecer con todo tipo de loas que os “setecentos de Birmingham” – seguramente así se recordase aos ao redor de setecentos esforzados seguidores celticos que varreron cos seus cánticos a 30.000 ingleses- levaron a maior parte do merito. E a pulso. Porque vibraron e sufriron nunha xornada que dentro duns anos será histórica. Foi un acto heroico: rodeados por miles de ingleses no corazón da súa illa, na súa casa, a faena celeste foi unha estocada no mesmo corazón de león.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *