Sempre andas dicindo…

Cholo Durán [RadioVoz Vigo – 1997]

O título é como xa moitos, ou case todos saberán, a estrofa dunha canción dedicada ó Celta que auixeron converter incluso en himno do equipo vigués, pero que non foi capaz de desbancar ó oficial. Estrofa que acaba dicindo: “… e chega outro ano e pasa tamén”. E isto é o que me serve de referencia para falar un pouco dos afeccionados celtistas.

 

Un non chega a entender cómo é posible que a masa social do club non suba como debese, sobre todo nenetes momentos nos que o equipo está respondendo incluso por riba das espectativas que se marcaran.

Que Vigo é unha cidade cosmopolita que alberga aunha poboación flotante entre os cen mil e os cento cincuenta mil habitantes, amén dos case trescentos mil que ten censados, é algo que xa sabemos dende hai bastante tempo. Que a maioría deses “habitantes” desaparezan as fins de semana é algo que tampouco nos pilla de sorpresa. Pero que tan só o cinco por cento dos censados sexan abonados da entidade, é algo que non chega a entender case ninguén. Porque o club ten agora mesmo ó redor de catorce mil, por moito que o Consello de Administración, e descoñezo os motivos, se empeñe en inflala. E o peor é que dende que teño uso de razón, e hai disto bastante tempo, a cifra mantense. Non medrou nada. Ben é certo uqe son poucos pero bos. Pero non é suficiente.

Todos queremos un Celta grande. Un Celta que cabalgue polos postos próximos ás competicións europeas. Pero se vemos as cigras que se manexan no fútbol actual, con presupostos que na maioría dos casos dobran ou triplican ós nosos, que o club pretenda estar próximo a estas metas e con tan pouca masa social, a verdade é que é algo que nun principio só se nos pasa pola cabeza ós soñadores. Aínda que no fútbol, como na lotería, acostuma haber premios miúdos. Pero nada mási.

Para subirse ó carro dos éxitos hai que tirar del. E mentres o club non calcance un mínimo de vintecinco mil abonados, non hai nada que facer. Soñar non custa nada, pero ó despertar dámonos de conta de que todo era moi bonito, pero que en nada se parece á realidade. A realidade é outra. A realidade debería pasar por tomar todos conciencia de que o que algo quere, algo lle custa. Un coñece e sabe que o fútbol é caro e que as comparacións con outros clubes e outras cidades non teñen nada que ver. Se noutros sitios se paga máis e porque o nivel de vida é tamén máis alto. Nese aspecto que ninguén trate de enganarnos. Pero existen métodos e ademais cómodos para poder facerse abonado. O sacrificio tamén é por parte do amor ás cores do club. Outra cousa é que queiramos. E se queremos un equipo grande, que alterne cos poderosos, temos que arrimar todos o ombro. Se non é así, o desta temporada é unha nube de verán e en calquera momento colócannos de novo no noso sitio. No de sufrir. Porque este parece o noso sinal porque así o queremos… case todos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *