O derbi

Xaime Escudeiro [Radio Galega]

“Derby” é unha palabra inglesa derivada do antropónimo Lord Derby, que se emprega para designar a carreira hípica instituída por este home e celebrada anualmente en Epson (Inglaterra) sobre unha distancia de 2.400 metros. Como substantivo común é hoxe palabra moi utilizada na linguase deportiva, e especialmente o encontro de fútbol de máxima rivalidade entre equipos dun mesmo lugar, comarca, provincia ou comunidade. Quizais por esa orixe etimolóxica, algúns seguen facéndoo bo e cando se disputa un encontro de fútbol entre dous dos nosos equipos, os movementos, as accións e en suma todo o que concerne a un espectáculo deportivo, o converten nunha carreira de obstáculos, a palabra derbi non evolucionou no seu significado.

 

Un espectáculo deportivo debe facer honra a estas dúas palabras e que polo tanto sirna para deleite dos que son actores e dos que son espectadores, e que decorra por canles deportivas para uns e para outros.

Sen embargo, esobre todo ultimamente, non é tan fácil como parece, quizaisporque todos medimos dunha maneira desmesurada estes derbis e isto, ó mellor, leva a que se tire do contexto e consecuentemente do seu significado.

Claro, que por fortuna, segue habendo moitos que son fieis ó diccionario, ás dúas ideas, crenzas e en suma ó que lle dita a conciencia, e fan do derbi o que realmente é.

Díganme ou búsquenme a alguén que non quixese poder saír o día anterior ou o mesmo día pola mañá para A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo ou Ferrol, coa familia ou os amigos, levar o coche que quixese e coa matrícula da súa provincia de orixe, pasar con toda a normalidade que implica e leva a unha convivencia cívica entre seres humanso racionais; acudir ó espectáculo deportivo, chámese por exemplo partido de fútbol coa bufanda ou gorro do teu equipo e ¿por que non? compartindo bancada e butaca cos do outro equipo; voltar coa felicidade da vitoria ou a tristeza da derrota, pero en calquer caso coa ledicia de ter estado nun acto social e deportivo e ter feito honor, todos, a tales palabras; e sobre todo ó día seguinte poder chamar ou volver a saúdar e convivir cuns e outros.

¿Por que isto non é posible nalgúns casos?, por exemplo entre Vigo e A Coruña, cando falamos de fútbol. ¿Que pasou?, ¿como podemos recuperar estes derbis?

Quizais demasiadas preguntas e quizais tamén complicadas respostas, pero cando non coñecemos o significado dunha palabra acudimos ó diccionario, pero nestes casos ata dubido que o problema sexa o non saber como vivir o derbi, máis ben penso que é querer vivilo como tal ou levalo ó terreo que un quere.

Todos temos que avogar porque o derbi sexa derbi e nada máis, e de que todo serían beneficios e para todos, os clubes, os deportistas, os afeccionados, a cidade, tanto no apartado social como no económico.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *