Felicidades ó Comando Celta

Pepe Cadavedo [Radio Vigo]

Coinciden no tempo, esta crónica e un RC Celta que rompe marcas da súa propia historia. Un RC Celta que nos está facendo soñar ós celtistas, á cidade de Vigo e a unha inmensa maioría de Galicia, cun equipo no deportivo, e tamén no humano, que está alcanzando cotas, que ós coma min, non temos unhas vivencias relativamente curtas, lévanos a lembrar a aquel RC Celta que no ano 1970, da man de Juanito Arza, debutou na copa da UEFA, ante a temible escuadra escocesa do Aberdeen, que na primeira eliminatoria nos deixou no camiño, pero que significou un fito na xa dilatada vida do noso Celta.

 

Máis tarde rozamos a gloria de ser campións da Copa do Rei —ano 1994— na que o Zaragoza, e na rolda de penaltis, nos eliminou. A partir dese momento iniciase un periodo de consolidación do Celta que ilusiona á familia celeste facéndonos concibir novas esperanzas e, fundamentalment, lévanos á convición de que, se todos aqueles que queremos ó Celta unimos os nosos esforzos, podemos alcanzar metas maiores.

Ó resultado á vista está. Nestes momentos o noso club dispón do mellor plantel e do maior presuposto da súa historia, e da posibilidade real de optar ó 1º posto da clasificación, da chamada ‘Liga das Estrelas’, na que loce polos seus propios merecementos.

O obxectivo do noso club para esta, de momento inigualable temporada 1997/98, na que se cumpren as vodas de platino do RC Celta, é sen dúbida, a clasificación entre os seis primeiros postos ó final da temporada, e así celebrar o 75 aniversario da súa fundación paseando o ‘Orgullo Celeste’ e a ‘Cruz de Santiago’ polos campos de Europa.

O obxectivo é importante, eu diría que moi importante para todos, e por iso debemos todos aportar, dentro das posibilidades de cada un, o noso graniño de area. Neste apartado é de capital importancia a contribución das peñas celtistas polo seu incondicional apoio ó Real Club Celta. Exemplo disto é a Peña Comando Celta que xa cumpre o seu X aniversario e á que, de corazón, quero felicitar e desexarlle, a todos os seus compoñentes, o mellor.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *