Dez anos ó pé do canón

Por Benigno de la Torre [1997]

Ser afeccionado ó fútbol é tan complicado como sobrevivir, como das sen pedir nada a cambio, como levantarse cada mañá pensando só en facer a boa obra do día. Ser afeccionado do Celta tata esta temporada 97-98 foi algo así como imitar ó bo samaritano. Descensos, crises dos avais, asasinato, pérdas irreparables para o fútbol como a de Alvelo, golpes de man no Concello, conversión en Sociedade Anónima Deportiva e o romanticismo que daba sentido á defensa dunhas cores.

O celtismo, que visto dende fóra pode non significar nada máis que un lixeiro cpqueteo co mundo da fama, transfórmase nunha crenza firme, nunha relixión mundana e nun sustento da realidade deste equipo de fútbol cando se convive de preto cos “comandos”. Tal sexa o contacto en O Canizo, nunha cidade perdida polo mapa da Primeira División nas súas numerosas viaxes acompañando ó equipo ou nunha tertulia sabatina no Don Balón mentres xogadores, directivos ou técnicos os saúdan co respecto que merece unha voz autorizada como é a desta peña.

Un en explícase a devoción dos “comandos” cando che falan de Sestao, palabra máxica no seu entorno, o dos derbis ante o Deportivo, do seu paso polas diferentes bancadas de Balaídos. Adivíñase o peso específico da súa opinión cando as augas turbias que baixan polo Lagares salpican os alierces do club vigués. “Comando” está sempre presente: para animar, para criticar, para empuxar, para colaborar, para organizar, para incentivar e para enarbolar a bandeira do celtismo alá por onde vaia.

Des anos ó pé do canón. Esta fiel e digna representación do primeiro club de Galicia merécese, por dereito, unha grande temproada e un futuro de recompensas deportivas, que sería algo así como recoller, por fin, o froito dunha colleita na que as mulleres e os homes de “Comando” participaron con palabras e con feitos, aínda que ás veces ás súas palabras alguén non lles tivese feito moito caso.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *