Non pararemos ata conseguila

Propuxémonos conseguir a BANDEIRA DA AFECCIÓN. Dende logo, non é unha tarefa doada, son 800 m2 de bandeira e o custo é moi elevado. Para iso pedimos a colaboración de todos os afeccionados do Real Club Celta de Vigo. Para conseguir este fin, temos uns petos no local de Balaídos e proximamente en varios locais e establecemento que iremos informando.

Tamén abrimos unha conta para que poidades ingresar a vosa aportación se non podedes achegarvos. O número de conta é NovaCaixa Galicia 2080 0464 37 0040125147 .

Axúdanos a conseguila, por moi pequena que sexa túa aportación, será un graniño de area para a BANDEIRA DA AFECCIÓN.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *